Que é "11 Torres"?
Xogo semellante ao coñecido como “3-en-raia”, só que aquí o taboleiro non é un cadrado,
senón un tetraedro con 11 puntos.
Ao igual que no “3-en-raia”, os xogadores van colocando as súas fichas nos lugares dispoñibles, un despois do outro.
Gaña quen primeiro consiga facer coas súas fichas unha determinada figura (unha liña, un polígono, etc) que corresponde co nivel do xogo sleccionado.