Este manual de auto-protección elaborouse coa finalidade de que constitúa unha guía para o desenvolvemento do Plan de Auto-protección do Centro escolar, e ten como obxectivo o establecer os criterios esenciais, para a regulación da auto-protección, para a definición das actividades ás que obriga, e para a elaboración, implantación material efectiva e mantemento da eficacia do Plan de Auto-protección. Para que nun suceso catastrófico sexa garantida a evacuación e protección dos alumnos/as, persoal docente, persoal administrativo, traballadores de empresas que prestan os seus servizos (limpeza, mantemento, comedor, etc.) e visitantes, así como unha intervención inmediata e coordinada dos medios que sexan precisos para combatelo minimizando ao máximo as súas consecuencias e preparando a posible intervención dos recursos e medios exteriores en caso de emerxencias (Bombeiro, Ambulancias, Policía, etc.).
Este manual ademais de desenvolver as bases técnicas para alcanzar os obxectivos mencionados permitiranos:
Ter informados a todos de como deben actuar #ante unha emerxencia e en condicións normais para a súa prevención.
Dispoñer de persoas organizadas, formadas e adestradas que garantan rapidez e eficacia nas accións para emprender para o control da emerxencia.
Coñecer o edificio e as súas instalacións (continente e contido), perigo nos seus distintos sectores, almacéns, áreas perigosas como cociñas e laboratorios, e os seus medios de protección dispoñibles.
Garantir a fiabilidade de todos os medios de protección e as instalacións xerais.
PLAN DE EMERXENCIA (24/25)
ACTA DE REALIZACIÓN (2025)
Aquí recolleranse todas as vosas inquietudes ano tras ano e posibles melloras para facer que este Plan de emerxencias sexa o máis completo posible.
Os PDFs recollen a planimetría de ambos edificios (A e B) e os percorridos que se realizarán dende cada aula. As directrices a seguir veñen especificadas no recuadro vermello que acompaña ó plano.