Aqui podemos ver o funcionamento, a grandes rasgos, da ferramenta. Mediante o formulario achegamos os arquivos que quedan clasificados por procesos, plans...
A norma ISO 9001:2015 indícanos que o crear e actualizar a información documentada, debemos identificar e describir cada arquivo, o seu formato e o soporte utilizado, incluindo información sobre a revisión e aprobación de cada un deles.
A norma específica que dita información documentada débese controlar, e decir, estar dispoñible para o seu uso, onde e cando se necesite, e estar protexida en canto a confidencialidade, e en canto a integridade da mesma.
A fin de dar cumprimento a estos requerimientos normativos, creouse esta ferramenta,consistente nunha folla de cálculo Google, que se alimenta a través dun formulario Google, accesible dende a folla de cálculo.
Moitos dos plans e procesos locais que se recollen aquí pódense visualizar na carpeta do Drive de Calidade.
Permite acceder ó formulario de registro de información documentada e da la posibilidade de visualizar o listado de documentos registrados, mostrando sempre la revisión en vigor.
A ferramenta permite seleccionar, á dereita, o tipo de documento a listar. No listado, aparecen agrupados por tipos.
Da a posibilidade de localizar un documento a partir dalguna palabra do seu título.
Pretende responder a dificultade, en ocasións, de localizar un documento polo seu nome.
Permite ver a historia de cada documento. Seleccionando sucesivamente o tipo de documento a buscar e o documento en cuestión. Obterase así o listado de revisións accesibles da información documentada concreta.