Aqui podemos ver o funcionamento, a grandes rasgos, da ferramenta. Mediante o formulario (o cal se accede dende as ligazóns que tendes debaixo de este video) poderedes suxerir ou reclamar o que consideredes, para seguir mellorando xuntos.
A norma ISO-UNE 9001:2015 na que estamos certificados establece dende os seus comezos, no punto 4.2, que toda organización comprenderá as necesidades e expectativas das partes interesadas, especificando o deber facer seguemento e revisión da información sobre ditas partes interesadas e os requisitos que sexan pertinentes.
Por outro lado, o punto 5.1.2., referido o enfoque ó cliente, establece que a dirección dos nosos centros debe demostrar liderazgo e compromiso.
Finalmente, o punto 8.2.1., falando da comunicación cos clientes, indica que debe incluir a retroalimentación dos clientes relativa ós productos e servicios incluindo as queixas dos clientes.
A fin de dar cumplimento a estos requerimientos normativos, creouse esta ferramenta, consistente nunha folla de cálculo Google, que se alimenta a través dun formulario Google, accesible dende a folla de cálculo.
As suxestións ou reclamacións terán resposta por parte do Equipo Directivo (dependendo a qué departamento vaia dirixida) nos días sucesivos, por escrito ou de maneira presencial.
Permite ver con facilidade a estatística do número de suxestións e reclamacións recibidas e atendidas polo centro. O listado presenta catro columnas para as suxestións, e outras catro para as reclamacións. Aparecerán así as "recibidas", "resoltas", as de"seguimento" e "pendentes".
Ademais, na zona da dereita, pódese acceder ó detalle de cada curso.
Infórmase tamén do número de días que se tardou en resolver cada unha das comunicacións resoltas ou os días transcorridos sen contestar as pendentes de resposta.
Na zona da esquerda visualizase a información referente a cada comunicación, con todos os detalles que poden ser relevantes. Na zona da dereita completaranse os detalles relativos a la resolución de las comunicaciones recibidas.
Engadirase a resposta e a “Data de peche” cando se resolva a suxestión ou reclamación. Automáticamente aparecerá marcada a casilla “Resolta”, e calcularase automáticamente o tempo transcorrido dende a comunicación ata a resolución (“Dilación”).