A norma ISO-UNE 9001:2015 na que estamos certificados especifica no apartado 8.4 o relativo ao control dos procesos, produtos e servizos que se obteñen do exterior.
A grandes liñas, a norma indícanos que o noso sistema de xestión da calidade debe estudar os produtos e servizos de provedores externos, tanto cando son recibidos directamente na organización como cando son proporcionados directamente aos clientes (os alumnos ou as súas familias). Para iso, débense “determinar e aplicar criterios para a avaliación, a selección, o seguimento do desempeño e a reevaluación dos provedores externos, baseándose na súa capacidade para proporcionar procesos ou produtos e servizos de acordo cos requisitos”.
Será xestionada conxuntamente polo Administrador e o Departamento de Calidade do centro.
Esta pestana ofrece dúas informacións:
En primeiro lugar, permite visualizar os provedores avaliados e o ano da última avaliación, xunto coas puntuacións dadas a cada un dos cinco criterios utilizados
En segundo lugar, a táboa da dereita permítenos ver rápidamente que produtos ou servizos suministra cada provedor.
Esta pestana está deseñada para coñecer a información dispoñible dun determinado provedor, e tamén a información dispoñible sobre o mesmo noutros colexios salesianos. Ademais, fai posible comparar provedores do mesmo sector de actividade.
Esta pestana está pensada para ofrecer aos colexios a posibilidade de coñecer outros provedores do mesmo sector de actividade no que nos podamos expor a posibilidade de cambiar algún dos nosos.
Os do noso centro aparecen na parte superior, e debaixo, aparecen as suxerencias de outros centros da Inspectoría do mesmo sector ( a dereita pódese ver a comparativa segundo as súas valoracións e o gráfico radar de cada un deles)
Esta última pestana permite coñecer a listaxe histórica de todos os provedores avaliados polo noso colexio.
Xunto a cada un deles móstrase a data da primeira avaliación (alta), e permite escribir unha data oficial de baixa da nosa listaxe de provedores. Dar de baixa a un provedor mediante este procedemento supón que desaparecerá das outras tres pestanas da ferramenta, coma se ese provedor non existise no noso colexio.