A norma ISO-UNE 9001:2015 na que estamos certificados establece dende os seus comezos, no punto 4.2, que toda organización comprenderá as necesidades e expectativas das partes interesadas, especificando o deber facer seguemento e revisión da información sobre ditas partes interesadas e os requisitos que sexan pertinentes.
Por outro lado, o punto 5.1.2., referido o enfoque ó cliente, establece que a dirección dos nosos centros debe demostrar liderazgo e compromiso.
Finalmente, o punto 8.2.1., falando da comunicación cos clientes, indica que debe incluir a retroalimentación dos clientes relativa ós productos e servicios incluindo as queixas dos clientes.
A fin de dar cumplimento a estos requerimientos normativos, creouse esta ferramenta, consistente nunha folla de cálculo Google, que se alimenta a través dunhas enquisas que se activarán normalmente no segundo trimestre de cada ano.
(Colgaranse na web do centro)
O resultado de ditas enquisas serán traballadas polo Equipo Directivo, sacando conclusións das mesmas e incidindo sobre temas de interese xeral.
Ainda que é a primeira pestana que aparece na ferramenta , nela atoparemos a conclusión final da enquisa de satisfacción realizada ao persoal, docentes e familias do centro.
Nel pódese coñecer dunha ollada, e con parámetros que se poden axustar ás necesidades de cada centro, a seguinte información: Puntos fortes do sistema, bos valores consolidados no sistema, urxencias do sistema para resolver. plans de mellora posibles. diferenzas significativas entre seccións. indicadores que melloran significativamente respecto ao curso anterior. indicadores que empeoran significativamente respecto ao curso anterior. datos de participación na enquisa e a análise por seccións de cada pregunta.
Do mesmo xeito que ocorre coa pestana anterior, radar permite visualizar rapidamente os valores dos indicadores de satisfacción nas enquisas realizadas, tanto no global do centro como en cada unha das súas seccións.
O estudo desta gráfica é complementario ao informe anterior. Os indicadores que teñan valores nalgúns dos dous círculos centrais (un valor de 2 ou menos) daría a coñecer un indicador cun valor que é urxente resolver. En cambio, os indicadores cuxos puntos se atopen no sector circular máis exterior #dar a coñecer como valores excelentes.
Nesta pestana recóllense os resultados xerais dos indicadores:
De rendemento: cóbrense coa información dos responsables do Equipo Directivo que correspondan: cocientes, % de aprobados, nº de alumnos/ as por etapa...
De satisfacción: As medias dos resultados que saen das respostas das enquisas ao alumnado, familias e persoal. Recóllense por etapas e pódense comparar cos doutros centros da Inspectoría e outros colexios Salesianos.
Cando se recollen os indicadores, tanto os de rendemento como os de satisfacción, centrámonos nesta pestana a cal engloba os resultados segmentados por seccións.
Podemos mesmo ver comparativamente os nosos resultados medios cos doutros centros do ESCI ou de SSM.
Esta pestana é para comparar os resultados dos códigos xerados. Pódese comparar calquera código con calquera resposta das preguntas da enquisa. Darannos así moitas variables para analizar de maneira óptima.
Nesta pestana recóllese toda a información dun código: Respostas tipo test e preguntas abertas de todos os enquisados. Con esta información pódense ver as percepcións de familias e alumnos/ as de maneira comparativa en cada cuestión.
Cada pregunta vese con gráficas que mostran a satisfacción dos enquisados, as cores fan que se detecte fácilmente onde se debe incidir en cada caso.
Nas enquisas de satisfacción déixase unha pregunta aberta para que todos poidan achegar algo a maiores que necesite unha explicación máis explícita e detallada.
As respostas sepáranse por seccións segundo a persoa enquisada (alumnado, familias ou persoal) e pódense seleccionar por palabras chave para ver a incidencia dun tema concreto entre as mesmas (por exemplo: madrugadores, patio...)
Esta pestana dedícase á comparativa de centros (ata un máximo de 5). Nela, seleccionando o curso escolar e os centros para mostrar, compararemos os seus indicadores por seccións, por tipo de enquisados...
Como o propio nome indica, esta pestana de histórico destínase a ver, dunha forma cómoda e clara, a comparativa en retrospectiva do noso centro.
Polo momento, ao non dispoñer de historia dos centros no campo dos indicadores, non é posible mostrar moita información.