Esta ferramenta recolle a Formación local e Inspectorial realizada por todo o persoal do centro.
Contén o histórico de toda a formación realizada na Inspectoría dende o curso 2016-2017 e agora implementouse a parte local para recoller tamén os realizados dende Escolas Católicas e todos aqueles ofertados dende o centro. Estes últimos introduciranse de maneira manual recollendo así toda a formación de cada traballador en activo e por curso lectivo.
Será xestionada conxuntamente polo Director e o Departamento de Calidade do centro.
IMPORTANTE: De esta ferramenta non se especificarán as pestanas coas que se traballa debido a cantidade de datos persoais que contén de todos os traballadores do centro (Lei de Protección de Datos). So se pode polo tanto especificar que se recolle na mesma toda a información descrita no apartado anterior.