A acción formativa é un dereito e un deber de todo o profesorado e unha responsabilidade do propio centro (LOE 102.1). A política de calidade do centro establece a necesidade de estimular unha formación humana, profesional, cristiá e salesiana entre os educadores, como expresión de compromiso e como visión de futuro do propio centro.
O centro está inmerso no plan Inspectorial de Escolas Salesianas de renovación metodolóxica e de implantación das TAC, o que fai necesaria a formación específica do profesorado nestes ámbitos.
Isto non implica que o persoal non poida realizar a título persoal aquela formación que se axuste máis ás súas necesidades e intereses para o bo desenvolvemento do seu posto de traballo.
Ao terminar as formacións deberanse cubrir sempre os formularios que aparecerán posteriormente:
Se pertence ao programa anual de formación permanente do profesorado (ofertado polo centro): FORMULARIO 01
Se se realiza de forma persoal e exento da acción formativa suxerida polo centro: FORMULARIO 02
Deberán cubrir este forms todas aquelas persoas que realicen cursos de ámbito local (interioridade, formación pastoral ao claustro, google for education...) ou ofertados polo centro (de ámbito inspectorial, escolas salesianas, escolas católicas...).
O formulario só pretende solicitar información de:
A efectividade da acción formativa.
Se se dá unha mellora no nivel competencial e profesional do claustro nas materias que cada un imparte.
Se a dualidade tempo-aprendizaxe é o adecuado.
Por iso é necesaria a veracidade das devanditas respostas xa que con iso poderemos valorar modificar dita formación ou promover/ampliar outros ámbitos da mesma.
Preme AQUÍ se queres apuntarte directamente a algún curso da Inspectoría.
O forms debe ser cuberto ao finalizar a acción formativa. Neste caso as preguntas e achegas serán máis puntuais xa que algúns parámetros serán necesarios para cubrir os indicadores de rendemento ao finalizar o curso. Tamén nos achegan unha visión importante para fomentar a inclusión de novos cursos na formación local ou descartar aqueles que non teñan valoracións tan positivas.
Se consideras que o curso que realizaches a título persoal pode ser beneficioso para outros docentes, rogámosche que o especifiques nas suxerencias que aparecen ao final do formulario.