ISO 9001 é o estándar internacional para Sistemas de Xestión de Calidade (SGC) publicada por ISO (a Organización Internacional de Normalización). A actualización máis recente desta norma foi en 2015, e coñécella como ISO 9001:2015. Para ser publicada e actualizada, ISO 9001 tivo que ser aceptada por unha maioría de países membros para que puidese converterse nun estándar internacionalmente recoñecido, o que significa que é aceptada pola maioría dos países en todo o mundo.
Aínda que o sector industrial foi pioneiro en canto á implantación de Sistemas de Xestión da Calidade da familia ISO 9000, este aspecto foi evolucionando considerablemente, transferíndose a todos os sectores. Practicamente todas aquelas empresas ou organizacións cuxa actividade sexa a prestación dun determinado servizo deberían de aspirar a certificar este estándar normativo.Coa chegada das novos paradigmas no sector educativo ao longo do final da década do século XX, o concepto da educación evolucionou igualmente. Desta maneira, o concepto “calidade”, en relación coa implantación dunha educación innovadora e de calidade provocou que moitos centros educativos fíxense no estándar ISO 9001 como unha maneira de poder mellorar a súa imaxe para novos clientes para os cales a educación dos seus fillos é un aspecto de moita importancia.
Nos presentes documentos atopamos unha descrición do Sistema de Xestión da Calidade (SGC), análise de procesos e estructura documental SCG, para o sistema de certificación multisite que promove o Equipo de Seguimento do plan de Calidade na Inspectoría de Santiago o Maior (ESCI), trátase dunha ferramenta básica para facilitar a xestión do Sistema.
Os documentos redáctase tomando como guía a norma UNE-EN ISO 9001:2015, que serve de referencia para a certificación do sistema común. Trátase dunha guía para a mellor comprensión do sistema e unha ferramenta para facilitar o seu seguimento e mellora, debido a que recolle e explica a relación establecida, conforme á norma de referencia, entre os diferentes procesos, baixo a responsabilidade das persoas designadas para iso na organización.
O Manual de Calidade local ríxese polo que ven recollido dentro do Documento común do ESCI 4.
Applus+ Certification forma parte do grupo Applus+, unha das empresas líderes mundiais no sector da inspección, os ensaios e a certificación. Applus+ ten máis de 20.000 empregados e presenza en máis de 70 países.
A empresa certificadora é a encargada de levar a cabo as auditorías externas para verificar o cumplimento da norma. O curso pasado (2019-2020) levouse a cabo a recertificación dos centros pertencentes ao ESCI. Satisfactoriamente conseguimos, con este novo sistema de calidade, mellores resultados que anos anteriores optimizando de maneira exponencial os recursos ao noso alcance e facendo uso das novas tecnoloxías como metodoloxía base.
As auditorías externas realízanse anualmente pero como somos moitos centros só se realizan en dous da Inspectoría. As auditorías internas lévanse a cabo polo ESCI e realízase tamén anualmente coincidindo co segundo trimestre do curso.
O Colexio Plurilingüe María Auxiliadora foi dos primeiros centros educativos de Galicia en obter un selo de certificación de calidade conforme aos requisitos da norma ISO 9001, concretamente desde o ano 2005.
Salesianos quere manterse á vangarda educativa segundo esixen os tempos e estar en proceso de mellora continua. Traballamos en conxunto varios colexios da titularidade que compartimos protocolos e procesos similares.
O alcance da certificación abarca as seguinte actividades:
A impartición de formación regrada plurilingüe nas etapas de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.
O deseño e a impartición de educación en valores humanos e cristiáns no marco do proxecto educativo-pastoral salesiano.
Anualmente ao centro realízanselle unha auditoría interna e outra externa.
CLICA NA IMAXE PARA ACEDER O MAPA DE PROCESOS
Segundo a ISO, os procesos son un conxunto de actividades relacionadas entre si ou que interactúan, transformando elementos de entrada en elementos de saída. Nestas actividades poden intervir partes tanto internas como externas e tamén hai que ter en conta os clientes.
Por exemplo: Se o obxectivo dunha empresa é coñecer o grao de satisfacción dos clientes, o proceso consistiría en realizar unha enquisa.
Os PROCESOS (que nos atañen) son os seguintes:
PE-01: Planificación estratéxica.
PE-01.1: Proxecto educativo pastoral.
PE-02: Comunicación e marketing.
PE-03: Xestión do cambio. Riscos e oportunidades.
PC-01: Planificación e programación.
PC-02: Ensinanza e aprendizaxe.
PC-02.3: Orientación e acompañamento.
PC-03: Apoio a ensinanza.
PC-03.1: Admisións.
PC-03.2: Resolución de conflictos.
PC-04: Medición, evaluación e mellora.
PS-01: Desenvolvemento de persoas. (Recursos Humanos)
PS-02: Administración e recursos de materiais e servizos.
PS-03: Control da información documentada.
PS-04: Garantía de calidade.
PS-04.1: Xestión medioambiental.
Presentación realizada a todo o claustro por Arturo.
6 de setembro do 2024.
Explícase nela como van funcionar as ferramentas EdD-DeDo (Avaliación do desempeño por competencias e Avaliación do desempeño docente)