A norma ISO-UNE 9001:2015 na que estamos certificados establece no punto 9.3, que “a alta dirección debe revisar o sistema de xestión da calidade da organización a intervalos planificados, para asegurarse da súa conveniencia, adecuación, eficacia e aliñación continuas coa dirección estratéxica da organización”.
Dita revisión pola dirección debe planificarse mediante unha reunión na que deben estar presentes tanto o equipo directivo como o equipo de calidade do centro. O documento resultante debe conter, segundo a norma, unhas entradas (punto 9.3.2) e unhas saídas (punto 9.3.3).
A fin de dar cumprimento a estes requirimentos normativos, creouse esta ferramenta, consstente nunha folla de cálculo Google.
Será xestionada conxuntamente polo Equipo Directivo e o Departamento de Calidade do centro.
Permite organizar a reunión de Revisión pola Dirección. Nesta pestana hai que encher a data e a hora da reunión, as persoas asistentes e os responsables tanto da reunión como de cumprimentar a acta que posteriormente permitirá obter tanto o informe como as accións de mellora que xorden a partir da reunión para ser implementadas o próximo curso.
A ferramenta ofrece unha orde do día cos puntos establecidos pola norma ISO. Xunto a eles proponse indicar o responsable de preparar cada un deles, así como o tempo previsto para a súa presentación, con vistas a axilizar a reunión e facer unha distribución adecuada dos tempos. Ao mesmo tempo, permite preparar con axuda de todos os participantes a información para revisar, de modo previo ao encontro.
Esta pestana está pensada para utilizala o día ou os días da reunión de Revisión pola Dirección.
Os temas clasificaranse en conclusións, escenarios, decisións ou temas tratados. En función da clasificación deberase afondar en eles ou quedar nunha resolución pausible no momento polo que xa estaría resolto ou non ten viabilidade nese momento.
Esta pestana permite obter, dun modo automático, o informe final a partir da reunión de Revisión pola Dirección, nunha páxina.
Organízase este documento en tres apartados, en caso de existir, correspondentes ás tres saídas indicadas pola norma, a saber: oportunidades de mellora, melloras do sistema de xestión, necesidades de recursos.
Dentro destes apartados, organízanse as decisións agrupándoas polas entradas das que proceden, é dicir, por puntos da orde do día da reunión.
Esta pestana permitiranos visualizar dun modo claro as accións para realizar, como consecuencia da reunión de Revisión pola Dirección, podendo ter actualizado o estado de cada unha delas.