A norma ISO-UNE 9001:2015 na que estamos certificados establece dende os seus comezos, no punto 4.2, que toda organización comprenderá as necesidades e expectativas das partes interesadas, especificando o deber facer seguemento e revisión da información sobre ditas partes interesadas e os requisitos que sexan pertinentes.
A fin de dar cumplimento a estos requerimientos normativos, creouse esta ferramenta, consistente nunha folla de cálculo Google, que se alimenta a través dun formulario Google, accesible dende a folla de cálculo.
O visor está pensado para recibir informacións procedentes tanto de quen comunique novas avarías, como de quen traballa por resolvelas (no noso caso Manuel e Juan), e posteriormente para servir de visor da información do estado en que se atopan os procesos de resolución de cada unha delas.
Cando dita avería esté resolta ou en proceso de resolverse chegaravos un correo ca solución ao problema.
Esta pestana permite ver todas as avarías comunicadas ao sistema por orde temporal de creación. Nela pódense ver os detalles de cada mensaxe e tamén a última información dispoñible sobre o proceso da súa resolución.
O código de cores permite saber en que punto se atopa cada avaría. Destácanse en vermello aquelas avarías cuxa resolución urxe.
Esta pestana permite visualizar unicamente as avarías sobre as que ten interese en coñecer os seus detalles. Na parte superior pódense fixar os criterios de procura.
Permite coñecer, dunha ollada, as avarías pendentes de resolver por parte dun determinado traballador de mantemento (por exemplo).
As avarías en vermello son as que aínda están pendentes de ser atendidas e as amarelas as que están en proceso de resolución. Cando se liquidan, desaparecen do visor.
Os traballadores dispoñen deste visor nos seus móbiles grazas a unha app que os mantén informados o momento.