Cada membro do grupo traballará nun destes catro territorios, xa definidos polo mestre do xogo:
VALTARIA. O BOSQUE SECRETO 🌳
DUNAS OSCURAS. O DESERTO PROHIBIDO 🐫
ILLAS DA BRÉTEMA. O ARQUIPÉLAGO ENCANTADO ☁️
MONTES DE LUME ETERNO. O REINO DAS CINZAS 🌋
Cada membro do grupo deberá debuxar o mapa dun dos territorios, incluíndo os seguintes elementos:
Fronteiras naturais: montañas, ríos, lagos, desertos, bosques, etc.
Lugares destacados: pobos, castelos, templos, ruínas antigas, covas ou calquera punto de interes
Camiños e rutas que conecten diferentes puntos do territorio
Posibles zonas perigosas, indicar áreas misteriosas que poderían agochar segredos, aínda que non se saiba exactamente onde están os obxectos máxicos
NOTA IMPORTANTE: Sabedes que hai 6 obxectos máxicos en cada territorio, pero non coñecedes a súa localización exacta. O mestre do xogo revelará pistas durante a aventura para atopalos.
Cada alumno deberá escribir unha descrición detallada do territorio, tendo en conta:
relevo: montañas, vales, chairas...
corpos de auga: ríos, lagos, mares...
clima: temperatura, humedade, tormentas, néboas ou outros fenómenos naturais
puntos perigosos: zonas con fenómenos naturais extremos como volcáns, pantanos...
flora: árbores, plantas, flores ou vexetación máxica. Pódense crear árbores que falan, plantas carnívoras, flores que resplandecen na escuridade...
fauna: animais salvaxes, criaturas mitolóxicas ou seres máxicos. Pódense inventar criaturas únicas
pobos que habitan o territorio
relacións no territorio: como afectan os animais e plantas á vida no territorio
Cada alumno presentará o seu territorio ao resto da clase e debuxará o mapa do mesmo