No corazón do noso proxecto, os Obxectos Máxicos son as chaves que guiarán aos aventurareiros a través dos diferentes territorios do mundo de Crónicas de Sombra e Lume. Cada un destes obxectos posúe unha historia única, un poder especial e un lugar escondido que deberá ser descuberto a través de pistas, enxeño e colaboración
Hai 24 obxectos máxicos repartidos polos 4 territorios do mundo
Cada territorio garda 6 obxectos máxicos, pero cada grupo só poderá conseguir un obxecto por territorio
Ao final da aventura, cada un dos 6 grupos terá 4 obxectos máxicos, un de cada territorio
Para atopalos, os grupos deberán resolver pistas,interactuar cos habitantes dos territorios (interpretados polo mestre do xogo) e superar retos. Os habitantes só responderán preguntas cun "si" ou "non", polo que terán que facer preguntas intelixentes para descubrir o camiño correcto.
Unha terra mística de árbores antigas e segredos agochados baixo as follas. Aquí, os grupos buscarán obxectos ligados á natureza e á memoria
PEDRA DA MEMORIA ETERNA.- Permite lembrar habilidades esquecidas
PLUMA DE VENTO ESQUECIDO.- Dá velocidade sobrenatural
BÁGOA DE RÍO DORMIDO.- Cura feridas e restaura enerxía
SEMENTE DO DESPERTAR VERDE.- Revive a vexetación morta e abre camiños bloqueados
CANDEA DE ESCURAS SOMBRAS.- Ilumina áreas ocultas e escuras
FOLLA ESQUECIDA DO BOSQUE ANTIGO.- Permite falar coas criaturas do bosque
Un lugar árido e traizoeiro, onde os espíritus antigos confunden aos aventureiros. Aquí, os obxectos máxicos están ligados ao tempo, ás miradas e aos segredos
ARELA DO TEMPO.- Permite deter o tempo durante segundos
LÁMPADA DAS MENTIRAS.- Revela mentiras cando se ilumina unha persoa
ESPELLO DAS MIRADAS.- Crea duplicados ilusorios do usuario
CORAZÓN DE AREA VIVA.- Controla pequenas tormentas de area
ANEL DO SOL MORTO.- Permite camiñar sen deixar pegadas
ÓSOS DO ANTIGO FARAÓN.- Dá forza sobrehumana, por tempo limitado
Entre néboas e mareas perigosas, as Illas da Brétema agochan obxectos máxicos que controlan o mar, o vento e o misterio
CUNCHA DO MURMURIO.- Permite escoitar voces a longa distancia
TRIDENTE DA BRÉTEMA.- Controla a néboa e crea cortinas de fume
PEDRA DAS MAREAS.- Permite controlar as correntes mariñas
ANEL DO NÁUFRAGO.- Fai invisible a quen o leva mentres está na auga
OLLO DE KRAKEN.- Permite ver na escuridade
CORDÓN DO NAVEGANTE ESQUECIDO.- Garante non perderse nunca, incluso sin mapa
Un lugar de volcáns activos e montañas ardentes, onde os obxectos máxicos están ligados ao lume, á destrucción e ao renacemento
CRISTAL DO LUME VIVO.- Proporciona lume inextinguible
MÁSCARA DAS CINZAS.- Permite respirar en ambientes tóxicos ou con fume
BÁCULO DO DRAGÓN DORMIDO.- Controla o lume e a lava
AMULETO DA FURIA VOLCÁNICA.- Aumenta a forza e a resistencia ao calor
ESCAMA DO DRAGÓN DE LUME.- Concede inmunidade temporal ao lume
BÁGOA DE MAGMA.- Cura queimaduras ou permite fundir obxectos metálicos
Inicio da busca: O mestre do xogo proporcionará pistas iniciais sobre a presenza dos obxectos en cada territorio
Facendo preguntas: Os grupos deberán facer preguntas estratéxicas aos habitantes dos territorios. Estes só poderán reesponder con "si" ou "non", polo que será esencial pensar ben que preguntar
Superando retos: Cada obxecto está protexido por desafíos ou probas. Poden ser enigmas, problemas ou preguntas de calquera das materias, ou tarefas de cooperación
Un só obxecto por territorio: Cada grupo só poderá levar un obxecto de cada territorio, o que implica que deberán escoller ben cal obxecto buscan ou conseguir atopalo antes que outros grupos