Xuntastes os obxectos máxicos de todas as terras, percorrestes bosques esquecidos, illas misteriosas, desertos ocultos polas dunas e montañas onde o lume nunca se apaga. Sodes os gardiáns dunha colección de reliquias que ninguén fora capaz de xuntar endexamais
Agora, ao ter todos os obxectos nas vosas mans, algo cambia. Unha enerxía percorre o aire, un murmurio percorre as pedras baixo os vosos pés, coma si a propia terra reaccionara ao que acabades de conseguir. Algo estaba selado, algo estaba oculto... e agora está a piques de ser revelado
"Aqueles que unan o que foi separado... deben estar preparados para afrontar a verdade"
Non é unha voz. Non é un son. É un pensamento que invade as vosas mentes. Cada un dos obxectos máxicos comeza a brillar suavemente. Primeiro é unha luz sutil, case imperceptible, pero logo a súa intensidade aumenta. A enerxía que emiten fúndese no aire, creando unha rede de resplandores que parece sinalar un único punto no horizonte
Non sabedes que hai alí
Non sabedes quen ou que está esperando
Pero si sabedes unha cousa: isto non foi casualidade
Os obxectos máxicos foron creados por un motivo
Foron separados por un motivo
E agora, están reunidos de novo
E si nunca debían ser atopados?
E si ao reunilos activastes algo que estivo durmido durante séculos?
O vento cambia de dirección. O ceo, ata agora claro, cobre unha parte do horizonte cunha néboa que non estaba alí antes
Unha nova viaxe comeza. O destino chamou por vós
A cuestión agora non é si ides seguir... senón se estades preparados para o que vos espera