Atención, aventureiros! Un novo desafío agarda por vós en terras descoñecidas. Despois de demostrar a vosa valentía no Bosque Segredo de Valtaria, é o momento de aventurarvos no misterioso deserto das Dunas Escuras, un lugar cho de segredos, ilusións e perigos.
Aqui, a area esconde obxectos de gran poder, antigos artefactos máxicos que poden cambiar o destino daqueles que os posúan. Cada grupo deberá atopar un destes obxectos, pero non será unha tarefa sinxela
Antes de partir, cada grupo tirará os dados para determinar que obxecto debe atopar. O destino decidirá cal será a vosa misión!
Unha vez asignado o obxecto, deberedes superar dúas probas para saber onde está escondido.
Os obxectos estarán protexidos por criaturas máxicas... así que preparádevos para posibles loitas!
No deserto das Dunas Escuras hai seis obxectos máxicos, cada un con propiedades únicas. A súa orixe é descoñecida, pero dise que foron creados por antigos feiticeiros das areas para protexer os segredos do tempo
Cada grupo deberá investigar, resolver enigmas e enfrontarse aos perigos do deserto para conseguir o seu obxecto.
Descubrir onde se atopa o voso obxecto a través de preguntas e pistas
Superar retos intelectuais e físicos para poder avanzar
Loitar contra criaturas ou gardiáns máxicos que intentarán impedilo
Conseguir o voso obxecto e prepararse para o que vén despois... porque isto é só o comezo!
. Pensade ben como solucionar as probas, porque cada unha achegaravos mais á victoria
. Traballo en equipo: Un grupo unido terá máis posibilidades de éxito
. Preparádevos para loitas inesperadas... o deserto está cheo de sorpresas
1.- Tirada de dados:
En cada combate tirades dous dados de 6 caras. Sumades o resultado da tirada para obter a vosa puntuación final
2.- Superar o nivel do enemigo:
O enemigo terá unha puntuación xa marcada, dependendo da súa forza, destreza ou intelixencia
Para gañar o combate, a vosa suma debe ser maior que a puntuación do enemigo
3.- Tipo de combate
Dependendo do enemigo, teredes que loitar usando un destes tres atributos:
Forza: contra enemigos fortes e poderosos (por exemplo, o gollum das areas)
Destreza: contra enemigos rápidos e escurridizos (por exemplo, as serpes danzantes)
Intelixencia: contra enemigos que usan a súa menta e maxia para atacar (por exemplo, o oráculo da area sombría)
RÚBRICA PARA AVALIAR