Ola, valentes aventureiros!
Aquí comezamos unha viaxe chea de misterios, probas e perigos no máxico mundo de Valtaria. Cada un de vós formades parte dun grupo de mercenarios que terá que demostrar a súa intelixencia, forza e destreza para superar os desafíos do bosque e atopar un obxecto máxico moi especial
Cada grupo terá que descubrir e atopar un obxecto máxico agochado en Valtaria. Pero hai un problema: non sabedes que obxecto vos tocou!
1.- Recibiredes un sobre pechado co nome do voso obxecto máxico (que non poderedes abrir)
2.- O voso reto será adiviñar cal é o voso obxecto facendo preguntas ao Mestre do Xogo (que son eu!). Pero atención, só podo responder con "si" ou "non"
1.- Recibir o sobre: cada grupo terá un sobre co nome do obxecto máxico que vos tocou buscar. NON O ABRADES!
2.- Resolver probras: para poder facerme unha pregunta, deberedes primeiro resolver unha proba (estas probas poden ser enigmas, problemas de matemáticas, retos de lingua galega ou de ciencias sociais...)
3.- Facer preguntas: unha vez superada a proba, podedes facerme unha pregunta para intentar adiviñar que obxecto tendes no sobre. Só podo dicir "si" ou "non"
4.- Enfrontar combates: no camiño atoparedes criaturas perigosas. Teredes que loitar usando os vosos puntos de forza, destreza e intelixencia
. Si gañades, podedes mellorar os vosos atributos ou recibir pistas adicionais
. Si perdedes, perderedes puntos de vida ou atributos
5.- Descubrir o obxecto: cando creades saber que obxecto tendes, podedes dicilo en voz alta. Si acertades, o obxecto será voso; si errades, seredes penalizados. Así que pensade ben as preguntas
1.- Tirada de dados:
En cada combate tirades dous dados de 6 caras. Sumades o resultado da tirada para obter a vosa puntuación final
2.- Superar o nivel do enemigo:
O enemigo terá unha puntuación xa marcada, dependendo da súa forza, destreza ou intelixencia
Para gañar o combate, a vosa suma debe ser maior que a puntuación do enemigo
3.- Tipo de combate
Dependendo do enemigo, teredes que loitar usando un destes tres atributos:
Forza: contra enemigos fortes e poderosos (por exemplo, un troll)
Destreza: contra enemigos rápidos e escurridizos (por exemplo, as arañas enfeitizadas)
Intelixencia: contra enemigos que usan a súa menta e maxia para atacar (por exemplo, o espirito do bosque antigo)
Agora que coñecedes as regras dos combates, só queda superar as probas, facer as preguntas correctas e derrotar aos enemigos que intentarán deter a vosa misión en Valtaria
RÚBRICA DE AVALIACIÓN