Ola, valentes aventureiros! O voso camiño comeza no misterioso Bosque Segredo de Valtaria, un lugar cheo de maxia e perigos ocultos. Sabedes que hai seis obxectos máxicos escondidos neste bosque, e o voso obxectivo é descubrir cal é o voso e atopalo. Para iso deberedes superar probas de enxenio e enfrentarse a perigosas criaturas que poñerán a proba a vosa forza, destreza e intelixencia
As árbores de Valtaria érguense altas e escuras, como si quixesen gardar os seus segredos para sempre. O vento susurra entre as follas, levando consigo rumores de tesouros esquecidos e perigos invisibles. Diante de vós, o camiño divídese en varias direccións, e cada paso que deades levaravos máis preto... ou máis lonxe do voso obxectivo
O camiño lévavos ata unha antiga ponte de madeira, vella e esnaquizada. Grabado no chan, atopades un enigma que deberedes resolver para cruzar.
Superada esta proba, podedes facer a vosa primeira pregunta sobre o obxecto máxico
Unha figura enorme emerxe da néboa: un Troll de pedra, cos seus ollos vermellos brillando na escuridade. Non hai escapatoria... debedes loitar!
Tipo de combate: Forza
Nivel do enemigo: 6
Si gañades: +1 forza
Si perdedes: perdedes o 5% da vidad cada membro do grupo
Elixide ben quen de vós pelexa con el
Cruzando a ponte, chegades a un cruce de camiños onde atopades un cartel medio destruído. Para descubrir o camiño correcto, tendes que resolver outro enigma
Tras resolver a proba e saber cal é o camiño correcto, chegamos a unha árbore xigantesca, cunha porta tallada no seu tronco. Para poder abrila teredes que resolver unha terceira proba
Unha figura translúcida aparece diante de vós: o Espíritu do Bosque Antigo. Este ser máxico non lita coa forza, senón coa mente, polo que ten que ser o mago do voso grupo o que se enfrente a el
Tipo de combate: Intelixencia
Nivel do enemigo: 9
Si gañades: +3 para o mago do voso grupo e +2 en intelixencia para cada un de vós, ademais dunha pista extra sobre o voso obxecto máxico
Si perdedes: perdedes 2 puntos da vosa intelixencia cada un, e ademáis o mago perdera 10% de vida
Agora podedes facer a vosa terceira pregunta sobre o obxecto máxico.
O camiño continua, e lévavos ata un laberinto de raíces que bloquea o paso. Para saír deberedes superar outro enigma.
Agora xa podes facer a cuarta pregunta... AGARDA!!!! QUE SUCEDE??? Parece que as raíces cobran vida e forman un Golem de Raíces que bloquea o camiño. Elixe quen loita con el
Tipo de combate: Forza
Nivel do enemigo: 10
Si gañades: recuperades o 100% de vida cada membro do grupo
Si perdedes: perdedes o 15% de vida cada membro do grupo
Sorte!!!!
Tras derrotar ao Golem de Raíces, o voso grupo avanza polo bosque ata atopar a entrada dunha cova escura e húmida. A entrada está custodiada por dúas estatuas de pedra cubertas de musgo, que parecen observarvos mentres vos achegades. Unha corrente de aire frío escapa do interior, levando consigo susurros que semellan palabras antigas.
Ao entrar na cova, a escuridade faise total, e o único que podedes ver son as runas brillantes talladas nas paredes. No centro da cova, atopadase un pedestal de pedra co seguinte grabado: "Só quen comprende o segredo da luz e da sombra poderá continuar."
Deberedes resolver o enigma que se presenta no pedestal para poder seguir avanzando. O eco dos vosos pasos mestúrase cos susurros, facendo que cada movemento pareza parte dun antigo ritual
Ao saír da cova, seguides un camiño que vos leva ata unha antiga muralla de pedra cuberta de herbas e flores salvaxes. Esta muralla semella natural, pero cando vos achegades, notades que as pedras están cubertas de símbolos que cambian lixeiramente cada vez que parpadeades. No centro do muro, unha gran porta de madeira está pechada, e xusto enriba, unha inscrición di: "o pasado fala aos que saben escoitar. Descrifra as miñas palabras e o camiño abrirase"
Mentres intentades comprender os símbolos, o aire ao voso redor convértese nun susurro constante, coma se a propia muralla estivese contando historias do pasado. As pedras semellan vibrar lixeiramente baixo os vosos pés, coma se o bosque estivese vivo
Mentras deixas atrás o Muro dos Segredos Antigos, o bosque faise mais denso e escuro. As árbores pechan o camiño e, de súpeto, unha figura emerxe da espesura. É o Guardián das Follas, unha criatura vexetal feita de ramas e follas afiadas como coitelos, que se move coa velocidade do vento.
Os seus ollos brillan cunha luz verde intensa, e sen previo aviso, lánzase contra vós. O seu obxectivo é impedir que descubras os segredos do bosque e atopes os obxectos máxicos ali agachados.
Tipo de combate: Destreza
Nivel do inimigo: 9
Se gañades: conseguides +1 en destreza e 5% da vosa vida
Se perdedes: perdedes 10% da vosa vida e 1 punto de destreza
Despois de vencer ao Guardián das Follas, o camiño lévavos ata un río sereno e silencioso que corta o bosque en dúas partes. O río non fai ruído ao fluír, e a súa auga é tan cristalina que podedes ver o fondo con claridade. No medio do río, unha ponte de madeira antiga e carcomida agarda por vós, pero unha aura máxica impide cruzala
Xusto á entrada da ponte, hai un poste de pedra cunha lousa grabada. A inscrición reza: "O río leva os segredos daqueles que esqueceron quen son. Só quen resolve o enigma poderá cruzar sin perderse na corrente do esquecemento".
A medida que vos achegades, podedes sentir unha sensación de esquecemento cubrindo as vosas mentes, como se o río intentase roubarvos as lembranzas. Deberedes resolver o enigma para manter a vosa memoria intacta e continuar a aventura
Cando cruzades a ponte, atopades unha vella cabana abandonada, cuberta de herba e musgo. As ventás están rotas e no interior só hai escuridade. Cando entrades, decatadesvos de que as paredes están cubertas de espellos rachados que reflexan imaxes distorsionadas de vós mesmos.
No centro da cabana hai unha caixa de madeira pechada con candados enferruxados. Xunto a ela, unha nota antiga di: "non todo o que ves é real. Só quen descifre o reflexo da verdade poderá abrir o camiño."
Deberedes resolver o enigma para abrir a caixa e continuar a vosa viaxe
Cando saídes da cabana, notades que o aire se fai mais frío e húmido. De súpeto, das árbores e das sombras, un enxame de arainas máxicas descende, as súas patas brillando cunha luz estraña. As arainas móvense con rapidez, tratando de envolvervos nas súas redes encantadas.
Debedes actuar con rapidez para evitar ser atrapados e convertirvos en presas do bosque
Tipo de combate: destreza
Nivel do inimigo: 8
Si gañades: obtedes unha pista adicional sobre o voso obxecto máxico
Si perdedes: perdedes 2 puntos de destreza cada un de vós
Despois de escapar das arainas, o camiño lévavos ata un claro no bosque onde se ergue unha árbore xigantesca co tronco cuberto de inscricións antigas. As súas raíces afúndense profundamente na terra, e as súas ramas esténdense cara ao ceo, formando unha cúpula natural.
No tronco da árbore hai un burato que semella unha boca aberta. Xunto a el, unha inscrición di: "as lembranzas que se calan, non desaparecen. Só quen saiba escoitar á árbore poderá seguir o seu camiño."
Mentres vos achegades, o vento comeza a susurrar entre as ramas, contando historias que deberedes descifrar para continuar
Finalmente chegades ao corazón do bosque, onde atopades un altar antigo feito de pedra e cristal. O altar está rodeados por seis columnas cubertas de runas brillantes que emiten unha luz suave e hipnótica. No centro do altar, unha estrela caída brilla cunha luz dourada
Unha inscrición grabada no chan di: "As estrelas guían aos valentes, pero só quen entenda o seu camiño poderá reclamar a súa luz."
Para desbloquear o segredo final do bosque, deberedes resolver o enigma do altar
Xusto cando pensades que a vosa aventura rematou, o chan treme baixo os vosos pés. Das sombras emerxen dous seres terribles: o Espíritu da Escuridade Eterna e o Xigante de Pedra Viva. Ambos foron invocados polo propio bosque para protexer os seus segredos finais.
O Espírito da Escuridade Eterna é un ser etéreo que ataca as vosas mentes con visións de medo
O Xigante de Pedra Viva é un coloso feito de pedra e raíces, que aplasta todo ao seu paso.
Para vencer esta ameaza, todos os membros do equipo deben tirar un dado. A suma dos catro dados debe superar a forza combinada dos dous inimigos
Nivel combinado do inimigo: 18
Se gañades: recuperades o 100% da vosa vida e gañades +2 en forza, destreza e intelixencia
Se perdedes, perdedes o 20% da vosa vida, ademais de perder 2 puntos en forza, destreza e intelixencia
Parabéns, valentes aventureiros!
Superastes as probas do Bosque Segredo de Valtaria, vencestes criaturas ancestrais e descifrastedes os segredos ocultos do camiño. Agora posuídes un obxecto máxico de gran poder, que vos acompañará nas vosas futuras misións.
Mais lembrade, isto é so o comezo... novas terras, desafíos descoñecidos e perigos inesperados agardan por vós na próxima aventura. Preparádevos, afiade o voso enxeño e fortalecede os vosos lazos, porque o destino de Crónicas de Sombra e Lume segue a escribirse coas vosas accións.
Estades listos para o seguinte desafío?