De novo se cruzan os nosos camiños, aventureiros! Despois de superar os perigos das Dunas Escuras, agora chegan ás misteriosas Illas de Brétema, un arquipélago oculto entre a néboa onde antigas lendas falan de mares encantados, criaturas míticas e obxectos máxicos agochados en templos esquecidos
Nesta aventura, todos os grupos poderán conseguir os seis obxectos máxicos, para facelo teredes que demostrar a vosa intelixencia e a vosa valentía
Cada obxecto está oculto nalgún lugar das illas, pero para descubrir a súa localización deberedes resolver unha serie de problemas matemáticos
Cada vez que resolvedes un problema correctamente, recibiredes a pista sobre a situación dun dos obxectos máxicos
Polo tanto si resolvedes todos os problemas, poderedes buscar todos os obxecto!
Os problemas serán desafiantes, pero podedes usar a vosa intelixencia e traballar en equipo para resolvelos!
Unha vez descuberta a localización dun obxecto máxico, teredes que recuperalo... pero, lembra, non estades sós nestas illas!
Cada obxecto está protexido por unha criatura mítica que non vos deixará levar o seu tesouro sen loitar
Para cada combate, tirades, cada membro do grupo, un dado para determinar a forza, destreza ou intelixencia
Poderedes usar algunha das características, armas ou obxectos especiais que a vosa raza ou clase vos dá
Cada raza ou clase ten unha habilidade especial que pode axudarvos na batalla. Pensade ben como usalas!
Exemplo:
Un dracónico pode usar o seu alento de lume para debilitar ao inimigo antes de tirar o dado
Un felínido pode usar a súa axilidade felina para atacar dúas veces no combate
Un explorador pode achegarse en silencio ao inimigo e sorprendelo
Pensade ben antes de actuar, pois cada criatura terá tamén as súas propias habilidades!
Para completar a aventura, cada grupo debe conseguir os seis obxectos máxicos das Illas de Brétema superando os desafíos matemáticos e vencendo ás criaturas que os gardan
Traballo en equipo, estratexia e intelixencia serán clave para conseguir a victoria!
Preparados? As illas de Brétema agardan por vós