O noso centro participa na Rede de Centros Ponte... nas ondas! co obxectivo de poñer en valor o patrimonio cultural inmaterial galego-portugués a través da radio escolar e doutras actividades de investigación, creación e divulgación.
O alumnado está rodeado de tradicións (gastronomía, música, xogos, historias de vida…) que moitas veces descoñece ou non valora. Ao mesmo tempo, os avós e avoas, así como as persoas maiores da contorna, gardan unha memoria viva que corre o risco de perderse se non se recolle. A radio do instituto e os proxectos de aula convértense nunha ferramenta perfecta para escoitar, documentar e compartir ese patrimonio.
Este proxecto busca:
Fortalecer a identidade cultural do alumnado.
Fomentar o contacto interxeracional coas familias e coa comunidade.
Mellorar as competencias comunicativas, dixitais e mediáticas usando a radio escolar e outros soportes.
Conectar distintas materias arredor dun mesmo fío condutor: o patrimonio cultural inmaterial.
Os programas e proxectos realizados no curso 2025/26 son: