No IES Manuel García Barros contamos coa participación estable en programas de innovación educativa que pretenden convertir o noso centro educativo nun espazo promotor de estilos de vida activos e saudables.
Os proxectos de promoción da actividade física e saúde contan coa participación dunha boa porcentaxe do claustro, en todas as convocatorias. Nos últimos anos estamos tentando facer un esforzo para que este proxecto resulte verdadeiramente interdisciplinar e que consiga chegar a todo o alumnado, e ao resto da comunidade educativa do noso centro.