EduSaúde MGB

2021-2022

IESDeporte.pdf

O noso equipo

No curso 2021-2022 o IES Manuel García Barros participa por segundo ano consecutivo na convocatoria de contratos programa, este curso a modalidade dentro dos Contratos-Programa Innova é a de EDUsaúde. Proxecto para a mellora dos estilos de vida saudables dende o ámbito educativo que amplia a actuación do pasado ano,s que se centraba en sumar actividade física no horario lectivo, coa promoción da alimentación saudable.

A participación do profesorado neste proxecto ascende a 33 dos 43 docentes que están a traballar no centro durante o curso 2021-2022, superando ao 75% do profesorado. Comezamos co desexo de que este proxecto resulte verdadeiramente interdisciplinar e que consiga chegar a todo o alumnado, e ao resto da comunidade educativa, do centro.

En paralelo, o noso centro participa nos programas educativos, Plan Proxecta +, na modalidade de Proxectos de Vida Activa e Deportiva, coordinados dende o departamento de educación física do centro, co lema "Sumamos Movemento e Saúde no MGB".

Promoción de actividades físicas extraescolares nas sesións de EF

Ao longo do curso os adestradores e/ou os practicantes de diferentes modalidades deportivas explicarán ao noso alumnado como son as actividades que eles promoven, tentando animar aos máis inactivos a apuntarse a actividades que lles axuden a disfrutar dun ocio máis activo e saudable.

Baile tradicional nas clases de educación física.

Camiñando na contorna do IES

Gardas activas, clases de EF

As gardas activas foron o pasado curso a iniciativa de máis éxito do proxecto de promoción de actividade física no horario lectivo, neste curso, a incorporación de xogos e deportes como actividade destas gardas restou protagonismo a esta actividade.

Dende o departamento de EF utilizamos os novos roteiros do Concello, para dar a coñecer posibilidades de ocio activo entre o alumnado e como xeito de disfrutar do medio natural nas nosas clases.

O roteiro da zona deportiva axústase as diferentes actividades que poden realizarse na xornada escolar, segundo o tempo disponible, podemos seguir tramos que oscilan entre os 2 e os 4 Km de distancia.

Proxecto masa na mesa no Plan Anual de Lectura.

A MegaBiblioteca do IES súmase ao Contrato-Programa, EduSaúde, coa proposta de actividades de promoción de hábitos saudables. Ao tempo desenvolveran diferentes obxectivos da Axenda 2030.

Na biblioteca atoparemos diferentes recursos á nosa disposición para o traballo na promoción de estilos de vida saudables:

  • Leonardo da Vinci: Notas de cocina de Leonardo da Vinci. La afición desconocida de un genio. Temas de hoy, 2004.

  • Agnès Agbotton, Diana Arias, Dianne Chen, Varda Fiszbein, Victoria Perth: El libro de las cocinas del mundo mundo, RBA, Integral, 2002.

  • Ángeles Díaz Simón: Recetas con historia, Ariel, Barcelona, 2011.


Sobre trastornos da alimentación:

  • Arnold, Marliese: Miriam es anoréxica

  • Nieves Álvarez: Yo vencí la anorexia

  • Jordi Sierra i Fabra: Las chicas de alambre

  • Gemma Lienas: Billete de ida y vuelta

  • Pressler, Mirjiam: Chocolate amargo

Receitas:

  • Les Meilleurs Gâteaux de Mamie, Larousse, 2014

  • Il quaderno dei nostri Dolci a cura della Pro Loco di Sarmede, Kellermann editore, 2015.

  • Corbin, Alain (Dir.): Historia del cuerpo (I e II), Taurus

  • Eco, Umberto: Historia de la belleza, Lumen.

  • Reimóndez, María: Corredora, Xerais

  • Echenoz: Correr

Despois de un ano parados pola pandemia retomamos a participación nas competicións deportivas do programa XOGADE.

O 11 de novembro o alumnado de 1º e 2º da ESO participou nunha proba de campo a través, sobre unha distancia de 1300metros, nun ambiente frío e desapacible que non condicionou ao alumnado, amosando unha boa actitude de esforzo e superación.

Destacar a alta participación do noso centro, xa que asistiron máis do 90% do alumnado matriculado nestes cursos.

O mércores 11 de maio o alumnado de 1° de ESO, participa xunto co resto de centros educativos do Concello, nunha actividade de promoción de estilos de vida saudables, unha andaina seguindo un tramo da ruta na zona deportiva e unha charla informativa da pediatra Eva García para concienciar ao alumnado da importancia de manter un estilo de vida activo.

O Concello da Estrada, dentro do seu Plan Local de Saúde, convoca aos escolares para que a responsable do servizo de pediatría do Centro de Saúde da Estrada poida informarlles dos beneficios da práctica regular de exercicio físico.

Dende o departamento de EF do IES Manuel García Barros participaron na organización desta actividade para sumar esforzos dende diferentes entidades cunha mensaxe común. Deste xeito o proxecto Edu-saúde e as iniciativas do noso centro están abaladas dende diferentes frontes.

O alumnado de 2º de ESO do noso centro presenta o martes día 14 de xuño, ás 20:00 horas, no Teatro Principal da Estrada, os resultados do Estudo De Consumo de Bebidas enerxéticas, estimulantes e azucaradas realizado no centro durante este curso.

Este traballo xurdiu ao abeiro dos proxectos EDUsaúde e Plan de Vida Activa e Deportiva, cos que pretendemos convertir o noso centro educativo nun foco dinamizador de hábitos de vida saúdables, facendo partícipe a toda a comunidade educativa deste fin.

Respostou á enquisa a maioría do alumnado do centro e concretouse nun proxecto interdisciplinar co alumnado de segundo da ESO e o profesorado que imparte clase neste nivel dos departamentos de Educación Física, Matemáticas e Tecnoloxía.