Reto activo MGB. Educación Física
Reto Activo MGB: Os deberes de educación física.
Dende a materia EF poténciase a práctica de actividade física máis alá da hora de EF.
Tras a pandemia viuse a necesidade da adquisición de hábitos de vida activa no alumnado, tanto para a súa saúde física como psicolóxica e social, moi deteriorada tralo confinamento.
A partir do curso 2020-202, na materia de EF decídese instaurar a práctica de actividade física e deportiva como os "deberes" da materia, sumando ata 2 puntos na nota, que se consiguen co rexistro da actividade física e deportiva semanalmente.
Reto Activo MGB: Coñece o meu clube.
Presentación e colaboración coas entidades, asociaciones e clubes deportivos do Concello da Estrada.
Dende o curso 2020-2021, o departamento de EF, iniciou un proxecto que pretende recompensar ao alumnado que leva un estilo de vida activo, sumando puntos na nota da materia, se rexistran semanalmente as actividades físicas e deportivas realizadas dentro e fóra do horario escolar.
No curso 2021-2022 tentamos dar a coñecer a nosa iniciativa ás entidades, asociacións e clubes deportivos do Concello coa intención de colaborar co fin de potenciar a adquisición dun estilo de vida máis activo e saudable. Enviouse o escrito que aparece a continuación, ao principio de curso, abrindo tamén a posibilidade de acudir ao centro para presentar a súa oferta de actividades deportivas nas clases de EF. Acudiron ao centro o clube de Atletismo A Estrada e o Clube de patinaxe, aos cales agradecemos a súa iniciativa.
No curso 2022-2023 contamos coa presenza nas nosas clases de Diego, profesor do Judo club base e Marcos, responsable do clube de Atletismo A Estrada, ambos impartiron clases co alumnado de 1°ESO co obxectivo de incentivar á práctica do alumnado nestes deportes.
No curso 2023-2024 contamos coa colaboración da Asociación Cambadela, o seu profesor Severino, fixo varias sesións para dar a coñecer a loita tradicional e olímplica co alumnado de diferentes niveis.