O alumnado de 3º ESO, 4º ESO e bacharelato tivo a oportunidade de aprender o contidos teóricos e poñer en práctica os coñecementos de soporte vital básico nas clases de educación física.

Neste curso tamén impartimos formación para o profesorado, nunha xornada de tarde, na que as profesoras do departamento de educación física compartiron a información cos compañeiros e compañeiras interesados. Fixemos prácticas de reanimación cardiopulmonar e un repaso os protocolos dos programas de alerta escolar, con casuística no centro, para aplicar adrenalina autoinxectable e glucagón ao alumnado.