Gardas activas

Gardas activas.

O profesorado de garda, cando hai unha ausencia non prevista e o alumnado non ten tarefas académicas asignadas, acompaña ao alumnado ao patio ou a facer camiñatas na contorna do centro.

Esta actividade xurde no momento de incorporación ao centro escolar, post-pandemia, no curso 2021-2022 dentro do proxecto de promoción de actividade física no horario lectivo. Inicialmente tivo unha moi boa acollida pero cada curso intentamos adaptar esta iniciativa para que realmente supoña un incremento de actividade física para o alumnado máis sedentario.

Por este motivo, no curso 2022-2023 a proposta céntrase nas camiñatas polos roteiros próximos ao centro, esta opción supón un maior esforzo para o profesorado e na organización das gardas, polo que seguramente fará que descenda o número de gardas activas este curso. Pero, realmente as gardas que se contabilicen suporán un estímulo de actividade física para todo o alumnado que participe nas mesmas.