Recreos activos

Recreos activos MGB.

O curso 2021-2022 retomamos a iniciativa, despois das restricción impostas pola COVID-19 en cursos anteriores, organizaronse diferentes actividades deportivas e xogos nos recreos conseguindo unha boa participación do alumnado.

No primeiro trimestre tivemos brilé para os máis pequenos e futsal para os cursos altos. Unha vez finalizadas estas propostas, combinamos o futsal para os pequenos, co baloncesto 3x3 para o alumando de bacharelato e 4°ESO.

Os recreos activos tiveron unha boa acollida no alumnado, cunha alta participación e resultando unha actividade moi significativa para eles tal e como recollen no noticiario Dinamiza TV.