EduSaúde MGB 

2022-2023

Sumando saúde...

No IES Manuel García Barros seguimos traballando para sumar saúde na nosa comunidade educativa, un ano máis participamos nos proxecto de innovación educativa CPInnova, na modalidade EDUSaúde e no Plan Proxecta +, na modalidade de Proxectos de Vida Activa e Deportiva, coordinados dende o departamento de educación física do centro.

Sumando saúde...

No IES Manuel García Barros seguimos traballando para sumar saúde na nosa comunidade educativa, un ano máis participamos nos proxecto de innovación educativa CPInnova, na modalidade EDUSaúde e no Plan Proxecta +, na modalidade de Proxectos de Vida Activa e Deportiva, coordinados dende o departamento de educación física do centro.

VIDEO Día da EF na Rúa.MP4

Un ano máis o noso centro súmase á iniciativa do COLEF, sacando as clases de EF na Rúa.

Esta edición foi moi especial na nosa vila coa participación de casi 400 escolares dos diferentes centros, coordinados dende a Agrupación Deportiva Escolar da Estrada, resultou ser unha das convocatorias con maior número de participantes na comunidade galega.

En diferentes momentos do curso o alumnado disfrutou do reparto de froita de tempada nos recreos, dentro da campaña de distribución de froita fresca convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria.

Esta iniciativa ten unha moi boa acollida, durante as semanas de reparto de froita podemos observar no patio que a maioría do alumnado e profesorado merenda dun xeito saudable.

O departamento de bioloxía e educación física colaboran na posta en práctica dun proxecto que aborda de xeito interdisciplinar a alimentación saudable no 3º curso da ESO.

Os contidos máis teóricos serán explicados inicialmente por Tania, profesora de bioloxía, para realizar posteriormente sesións conxuntas, no horario da materia de educación física. Nestas sesións utilizaremos propostas lúdicas, organizando unha competición por equipos, chamados distritos, empregando a terminoloxía do filme que da nome ao proxecto "Os xogos da fame".

Baile tradicional. Foliada intercentros.

Un día á semana durante novembro e decembro o alumnado de 1ºESO tivo a oportunidade de aprender pasos básicos da muñeira, culminando a experiencia cunha foliada conxunta cos 3 institutos de A Estrada. 

O alumnado de 4º da ESO encargouse de dirixir os xogos tradicionais para os máis pequenos.

Esta actividade que puidemos retomar, tras varios anos suspendida por mor da pandemia, contou cunha alta participación entre o alumnado de 1º e 2º da ESO que disfrutaron xogando á chave, ao soga-tira, ós bolos...