Actividades complementarias saudables

Coñece o meu clube. Esgrima

O profesor do Clube Esgrima Compostela amosou ao alumnado, nas clases de EF, as características básicas desta modalidade deportiva.

Rapazas e rapaces disfrutaron das sesións probando a indumentaria e os implementos propios da esgrima. Unha boa experiencia que esperamos os anime a incorporarse ás escolas deportivas municipais de esgrima que teñen proxectado o seu inicio na Estrada no curso 2023-2024.

Despois duns anos nos que non puidemos facer viaxes á neve, por mor das restriccións para a prevención da COVID-19, neste ano 2023 retomamos estas viaxes para iniciar ao alumnado na práctica de deportes na neve: esquí e snowboard.

O alumnado de 3º da ESO puido disfrutar de 3 días na Estación Invernal de Valgrande-Pajares, aloxados ao pé da pista e aproveitando ao máximo a neve, que neste caso non faltou.

As condicións climatolóxicas non foron as mellores, tendo dous días a zona alta da estación pechada, pero a actitude positiva e as gañas de aprender do noso alumnado fixo que a experiencia resultase estupenda.

Gustaríanos trasmitir os nosos parabéns aos participantes e as súas familias pola colaboración e por ter participado nesta actividade organizada polo departamento de educación física do IES.

Tenis na escola.

Un ano máis o alumnado do noso centro pode experimentar o tenis grazas á cesión por parte da Federación Galega de tenis do material necesario.

Este curso o alumnado de 2º e 4º da ESO puxeron en práctica unha unidade didáctica desta modalidade deportiva, ofrecendo unha posibilidade máis de actividade que ten continuidade nas dúas escolas existentes no Concello.

O 22 de decembro o alumnado de 1ºESO participou nunha foliada organizada polo Concello, onde puideron disfrutar de música tradicional galega tocada por alumnado dos tres institutos de A Estrada e poñer en práctica os pasos de baile aprendidos nas clases de educación física.

O profesor e bailador Manolo, un curso máis, foi quen ensinou ao noso alumnado os pasos básicos para poder realizar esta actividade. Agradecemos o seu esforzo e bo facer.

As mellores pandeireteiras! Alumnas dos institutos participantes.

O alumnado de 4º da ESO encargouse de dirixir os xogos tradicionais para os máis pequenos.

Esta actividade que puidemos retomar, tras varios anos suspendida por mor da pandemia, contou cunha alta participación entre o alumnado de 1º e 2º da ESO que disfrutaron xogando á chave, ao soga-tira, ós bolos...

Para acceder a todas as fotos prema aquí.