XOGADE

Encontro intercentros de bádminton XOGADE.

O 23 de maio o alumnado de 3º e 4º da ESO dos IES Losada Diéguez, nº1, CPR Nosa Señora de Lourdes, CPI Aurelio Marcelino e IES Manuel García Barros participaron dun encontro intercentros organizado polo profesorado dos mesmos, dentro das actividades coordinadas pola Agrupación Deportiva Escolar da Estrada e coa colaboración do Servizo de Deportes Municipal.

Un total de 200 rapaces e rapazas pasaron unha xornada de convivencia e competición de bádminton na que disfrutaron dunha experiencia moi positiva.

Despois de clasificarse na proba zonal e provincial, as alumnas de 1º da ESO, Lidia Calviño e Carla Pintor participaron o 4 de marzo no Campionato Galego de Campo a Través dispuntado na Pobra do Caramiñal.

Parabéns pola súa actitude de esforzo e superación e a súa magnifica actuación nesta proba.

O alumnado clasificado na fase zonal da proba de campo a través do XOGADE tivo a oportunidade de participar, o pasado domingo 12 de febreiro, na fase provincial en Vigo.

Na categoría cadete asistiron Noa de Oliveira, Noa Ortega e Manuel Souto, e na categoría infantil Lidia Calviño e Carla Pintor, estas dúas últimas clasificadas para o Campionato Galego Escolar que se disputará o vindeiro 4 de marzo na Pobra do Caramiñal.

Parabéns a todos pola súa participación e agradecer o esforzo das familias para que o alumnado puidese partipar neste evento.


O pasado 12 de xaneiro o alumnado de 1° e 2° da ESO do noso centro participou na fase zonal da proba de campo a través do XOGADE. Disfrutaron dunha mañá de actividade deportiva con centros de toda a comarca e acadaron uns resultados excelentes logrando a clasificación para a proba provincial nenos e nenas de todas as categorías nas que participabamos