Gardas activas

Gardas activas.

O profesorado de garda, cando hai unha ausencia non prevista e o alumnado non ten tarefas académicas asignadas, acompaña ao alumnado ao patio ou a facer camiñatas na contorna do centro.

Esta actividade xurde no pasado curso dentro do proxecto de promoción de actividade física no horario lectivo, tivo unha boa acollida e este ano ampliouse, á posibilidade de camiñar, á de realizar xogos no patio co material deportivo cedido polo centro.