3d_2d1d

Xiros dunha estrutura tridimensional, ollados desde unha e dúas dimensións.

Rotacions

O cursor vertical (vermello) produce unha rotación no plano perpendicular á liña 1d (plano yz). Dese xeito, ningún dos puntos desa liña (eixe x) se move durante a rotación.

O eixe x é un invariante na rotación no plano yz.

O cursor horizontal (verde) produce unha rotación nun plano (xz) que inclúe a liña 1d (eixe x) e a 3ª dimensión (eixe z), mentres que o cursor circular (azul) produce unha rotación no plano xy.

Para ver o efecto de calquera destes dous cursores é precisoo situar antes os outros a cero. En calquera caso, obsérvase como unha rotación nun plano que inclúa ao eixe x produce cambios na posición das boliñas neste.

Fai clic no seguinte enlace para ver directamente en Geogebra como se proxecta o xogo 3d en 2d e 1d, así como o efecto de diversas rotacións sobre estas proxeccións.