Semana das Ciencias_1d

Para xogar ao xogo de 3-3n-raia nunha única dimensión, hai que aplicar un criterio de simetría.

Criterio de simetría:

Só serán válidas as raias simétricas, é dicir, aquelas nas que o punto intermedio estea xustamente no centro dos outros dous (noutras palabras, que haxa a mesma distancia desde a ficha central ata a da dereita que ata a da esquerda).

A rapaza coas fichas vermellas consigue gañar mediante unha liña simétrica, na que hai un par de espazos de separación entre as fichas.

Na 1ª partida, o xogador azul gaña rapidamente (un espazo de separación entre cada ficha).

Na 2ª partida, as fichas azuis chegan de novo a facer unha liña simétrica (minuto 1:30) mais non se decata, e continúa a partida ata que novamente consegue gañar.

Na 3ª partida, é a xogadora das fichas vermellas a que gaña.

O xogador das fichas verdes non sedecata de que ten unha liña simétrica, ata que llo fai ver o seu contrincante (quen xoga coas amarelas).

Algunhas partidas usando unicamente o cálculo matemático (0d):

As fichas verdes gañan ao adoptar a posición simétrica 6-7-8

A xogadora das fichas verdes decátase de que ten unha posición na que a súa compañeira non pode facer nada para evitar que gañe: Ten unha ficha verde en 4 e outra en 6, e están libres as posicións 2 e 8. Se a súa compañeira ocupa unha destas, entón ela vai para a outra e sempre gaña, pois tanto 2-4-6 como 4-6-8 son configuracións simétricas.

Explicacións do xogo 3-en-raia nunha dimensión

Explicación do xogo 3-en-raia nunha única dimensión (co requisito da simetría)

Explicación do xogo de 3-en-raia abstracto (cero dimensións)

máis exp'licacións (e fichas para imprimir e xogar), neste enlace