Semana das Ciencias_2d

O 3-en-raia tradicional xógase nun cadrado. Porén, en dúas dimensións existe unha figura máis simple, que é o Triángulo Equilátero (tamén coñecido como 2-simplex), que consta de 3 vértices equidistantes.

A condición para gañar é que a liña sexa simétrica (igual que acontece nos xogos de 1 dimensión)

O xogador coas fichas amarelas consigue facer unha liña gañadora con facilidade. Volven a xogar (comezando de novo o gañador, ao revés de como debería ser), e as fichas azuis non son quen de evitar que as amarelas volvan a facer de novo a mesma liña gañadora de antes.

Azuis podería ter gañado no minuto 1:10, mais non se decatou. Tampouco se decata o amarelo cando é o seu turno, o cal permite aos azuis facer a liña gañadora.

Tamén se pode xogar a este xogo usando só unha dimensión

(é bastante máis difícil)

No minuto 1:05, a xogadora das fichas azuis pensa que gañou, pois se equivoca ao proxectar un punto da liña no triángulo, mais a súa compañeira (fichas vermellas) non se decata e deixa esa posición libre, co que as azuis rematan gañando.

As fichas vermellas gañan con bastante facilidade, agrupándose as tres no centro.

As fichas amarelas gañan rapidamente, facendo unha liña que ten o extremo nun vértice (circuliño branco) e as outras dúas en circuliños iguais (cun diámetro vertical). A xogadora nin precisa comprobalo no triángulo de referencia.

Nunha dimensión, as dúas xogadoras pensan que gañaron, e deben acudir ao triángulo para comprobar que son as amarelas quenes gañaron.

Explicación dos xogos en dúas dimensións

máis exp'licacións (e fichas para imprimir e xogar), neste enlace