Semana das Ciencias 2022
A VI Edición da Semana das Ciencias celebrouse en Ponteareas do 18 ao 23 de marzo de 2022.
A actividade foi posible grazas á cesión por parte das escolas dos xogos 11Torres que tiñan recibido como agasallo do Concello nunha edición anterior da Semana das Ciencias.
O autor da proposta, Xabier Prado, xunto coa Alcaldesa de Ponteareas, Cristina Davila, amosando os xogos 15 Torres e 11Torres no CEIP "Feliciano Barrera" de Guláns durante a inauguración da Semana das Ciencias.
Xogos cedidos polas escolas
En cada unha destas escolas fíxose unha presentación das modalidades de xogo ao 3-en-raia en diferentes dimensións.
Estes xogos tamén foron presentados na Feira da Ciencia organizada nas rúas da vila.
Nos seguintes videos podes observar algunhas explicacións sobre as dimensións e as relacións entre elas.
Explicación das dimensións na aula
Explicación das relacións entre dimensións sucesivas (xiros), usando esta mesma páxina web.
Ao remate, prodúcese unha votación para coñecer as preferencias do alumnado
Hai unha páxina para cada unha das visualizacións explicadas no video anterior. En cada caso, procura usar só o cursor vertical, pois os outros cursores presentan outras rotacións que poden despistarte ao principio.
2 dimensións (x,y) proxectadas en 1d (x)
O cursor vermello amosa o efecto (nulo) sobre un eixe (x) dunha rotación nun plano (yz) perpendicular ao mesmo.
3 dimensións (x,y,z) proxectadas en 2d (x,y) e, posteriormente, en 1d (x).
O cursor vermello amosa o efecto (nulo) sobre un eixe (x) dunha rotación nun plano (yz) perpendicular ao mesmo.
4 dimensións (x,y,z,t) proxectadas en 3d (x,y,z) e, posteriormente, en 2d (x,y).
O cursor vermello amosa o efecto (nulo) sobre o plano 2d (x,y) dunha rotación nun plano (zt) perpendicular ao mesmo.