Onde mercar:
Volume 1
Limiar 5
A vella. 7
A cama de san Xoán. 11
A agulla do demo. 15
Unha luz no ceo. 19
O home do unto. 23
O corvo, o queixo e a raposa. 33
O xastre e a silva. 37
O amieiro, os sapos e o carro. 43
San Roque, a festa e o veciño. 49
Mariquiña e o castiñeiro. 53
Volume 2
O sangue do año. 63
A coca e os danzantes. 69
A bruxa. 75
A peeira dos lobos. 81
A cova da serpe. 87
1. 91
2. 95
3. 99
4. 103
5. 105
6. 109
7. 113
8. 117
9. 121
10. 125
Foi polos primeiros de agosto, cando os frades se emperraron en cambiarlle o nome á Lugnasad dicindo que era a Festa da Luz. A luz dun deus novo, que viñera ao mundo nunha terra distante para morrer por todos os homes e darlles a posibilidade da vida eterna. Os frades viñeran padricar convidados polo conde, que acabou entregándolles os terreos do fondo da aldea, que, por variar, non eran seus, senón do común, e dos que el non podía dispor sen o consentimento da xente, pero como preguntou rodeado de cen homes con espadas, á volta dunha das súas campañas no Sur, das que volvía podre de ouro e co favor do rei, ninguén chiou, e así foi como aqueles homes deron en querer cambiar as nosas vidas, para que puideramos ser gratos ao seu Señor e gañar a vida eterna no seu ceo.
Foi polos primeiros de agosto cando a Coca espertou, despois de trescentos anos, e apareceu no ceo, subindo desde o río grande, ese que nos arreda dos limeses. Cuspiu unha labarada no teito de colmo da casa dos frades, abrasando a tres ou catro e deixando espida a cruz que adoraban. Eu andaba no corgo, procurando unha pouca leña, e vina achegarse á aldea, aterrar no medio do lugar e chimpar catro ou cinco casas como quen non quere a cousa, arrapañar o que lle petaba e, cargada coa Xana, a filla do Nemedao, volver cara o río e desaparecer...