As horas que nos quedan

Sotelo Blanco, 1996

Un home sen memoria a piques de morrer e un cadáver coa cara rebentada e un furado no peito forman o interrogante co que Xerardo Méndez comeza As horas que nos quedan. A historia, aínda cumprindo aparentemente as esixencias da novela negra —un asasinato, unha investigación que se desenvolve nun ambiente pechado e enrarecido e un detective ó que lle interesa máis sabe-la verdade que dar co culpable—, é máis ambiciosa, indo máis alá dos requisitos do xénero negro para, nun texto de evidente calidade literaria, dar ó lector unha orixinal visión do mundo e das relacións entre os homes.



De cando todos queriamos comezar a facer xénero policial ou negro, ou como se lle queira chamar.