A burga das letras

Un día Xabier Paz convidoume a acompañalo á tertulia cultural de “Al atardeSER”, cada mércores, en Radio Ourense. E fun. E plantexeime se, como escritor sería posible traducir a vida diaria a relatos para ese medio. Alí lin o primeiro dos relatos deste blog: historias da paisaxe humana da cidade. Ou da miña maneira de ver a paisaxe humana da cidade. Esa é unha dicotomía interesante.

Iso foi hai xa anos, e o que foi un experimento converteuse nunha adicción, obrigandome a abrirlle un camiño propio a estes relatos, que poden obterse en edición electrónica (versión kindle) ou en papel .

Con este libro comeza a miña aventura en Amazon.