O CAZADOR
Sotelo Blanco Edicións, 1991
Nun dos máis belos relatos deste primeiro libro de Xerardo Méndez, o titulado “Os Ollos de Laura”, enúnciase un principio: “Non hai que tentar comprender”. Se cadra ha ser ese o xeito de ler O Cazador: deixar que un arrepío de pracer ascenda pola columna vertebral ata acadar, a modo, a caluga. Porque o escritor, a máis de ter un perfecto dominio da historia que está a narrar, ten que facer xurdila emoción estética do lector. Estes non son, só, uns relatos escritos para o lector especalizado—para o crítico– senón máis ben para o lector común, esa persoa que quere deleitarse coa literatura, que quere pasalo tempo dunha maneira inesquecible. Son eses relatos que levan dentro de si todo ese tedio dos domingos longos e baleiros, toda a súa soidade, tal os de Scott Fitgerald levaban o desengano e a decadencia. Literatura.
O texto está tomado da contracapa do libro. Que máis queredes que vos diga?
A! O libro leva anos descatalogado pero aínda se pode atopr por aí adiante. Pensei se facer unha reedición hai tempo, pero de momento non teño moita gana.