Narradores de cine

Edicións Xerais de Galicia, 1995

Volume colectivo

O cine incrementa nos espectadores a conciencia do secundario, por iso reescribir o cine significa unha rebeldía contra a natureza periférica da butaca, significa tamén unha reafirmación do valor cultural dos cines de barrio e da nosa capacidade para reciclar todas as mensaxes do bosque de faias. Reescribir o cine incumbe tamén á insolencia dos que levan a cultura da palabra alén dos dicionarios e para quen, lonxe de se educar baixo a severa mirada dun home crucificado, aprendeu a vida nas salas onde non pedían o carné para entrar. Escribir o cine é tamén acabar co dilema falsamente intelectual de saber se foi primeiro a imaxe ou a palabra, como se precisásemos de xerarquías. Din que o cine é a luz, pero non, o cine é o resto. O resto, naturalmente, é literatura.

Tomado da contracapa do libro.

Neste volume participaron os autores:

Fran Alonso

Ramón Caride Ogando

Cid Cabido

Chesi

X.M. Fernández Naval

J.A. García Rodríguez

Xerardo Méndez

Xabier Queipo