Nós

Quen somos?

Somos seis rapazas con aspiracións científicas que vivimos en As Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e que cursamos 1º de bachiller no instituto I.E.S. Moncho Valcarce.

Dende pequenas soubemos que as nosas aspiracións a un futuro científico sería un camiño difícil de conseguir pero sempre tivemos a constancia e o traballo duro presente.

A principal característica do noso pobo é que contaba coa central térmica máis grande de España, e que actualmente se atopa en proceso de cerre.

Nesta liña de tempo resumimos a súa historia.

Estela Calvo

Gustaríame estudar o ciclo de Técnico Superior en Laboratorio Clínico e Biomédico

Celia Durán

Gustaríame estudar Bioloxía e despois centrarme no ámbito da xenética

Martina Otero

Gustaríame estudar medicina nuclear

Sara Formoso

Gustaríame estudar enfermería e especializarme en matrona

Irene García

Gustaríame estudar un grado en Arte Dixital

Carolina Rodríguez

Gustaríame estudar Biomedicina