Mónica Folgueira Otero

"O que me motivou da investigación é que permite desenvolver a nosa creatividade e dános a oportunidade de aprender e descubrir constantemente, ademais de interactuar con xente moi interesante." Mónica Folgueira


Biografía

Marta naceu en Ferrol en 1977. Os seus pais viñan do campo: o seu pai de Xermade e a súa nai de Vilalba. Posteriormente casaron e mudáronse a Narón, onde medrou. Sempre tivo un grande interese polos animais e a natureza. Estudou no colexio público A Solaina, no IES As Telleiras, e finalmente a Licenciatura e Doutoramento en Bioloxía na Universidade da Coruña (UDC).


Formou parte da primeira xeración na súa familia que accedeu á formación universitaria. O seu bisavó era coñecido como "o médico da zona", pero carecía de formación; os seus coñecementos viñan de traballar nunha farmacia no tempo que estivo como emigrante en Cuba. Os seus pais tampouco tiveron opción a cursar o ensino secundario ou universitario, polo que valora máis a importancia da educación e dunha boa formación.


Despois do seu doutoramento, marchou a Londres á University College London, onde permaneceu durante catro anos. Logo, regresou á Coruña cun contrato de axudante de doutora na UDC, e en 2016 obtivo a praza de doutora mediante un concurso-oposición.

Formación académica

Na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña :

  • Licenciatura de Bioloxía (1994-1999)

  • Grao en Bioloxía (1999-2001)

  • Doutoramento en Bioloxía (2001-2005)

Produción científica

  • Tres sexenios de investigación (último concedido: xuño 2019)

  • Unha tese doutoral en curso

  • Nos últimos 10 anos estivo na dirección de 17 TFGs e TFMs

  • Ten un total de 21 publicacións, como artigos e capítulos de libros

Entrevista

  1. Cando naceu o teu interese polas ciencias?

"Sempre fun unha persoa moi curiosa, e máis pola ciencia. O meu interese pola bioloxía foi debido a que pasei gran parte da miña infancia cos meus avós, vivindo na aldea, e gustábanme moito os animais, o campo..." Afirma que a pesar disto nunca tivo claro o seu futuro e que o lugar onde se atopa agora é o froito de moitas decisións.


  1. Tiveches algún momento decisivo que te marcara para tomar a decisión de adicarte ao que te adicas?

Coméntanos que tivo profesores que "lle puxeron a semente da curiosidade", pero un momento concreto que a motivou a adicarse ao estudo da neurociencia (despois de estudar bioloxía) foi o feito de que a súa avoa padecera demencia, e polo tanto observar todas as consecuencias que isto conleva.


  1. En que traballas actualmente?

"Pois actualmente estou a traballar en moitas cousas", cóntanos entre risas mentres nos comenta que a ciencia en España sempre estivo moi mal financiada, polo que unha solución a isto é abrir as colaboracións con outros grupos. "Estamos traballando en enfermidades raras, estudando o peixe cebra como modelo de experimentación. Este peixe ten unha mutación no mesmo xen que orixina a patoloxía (ataxia de Costa da Morte) en humanos". A experimentación con este tipo de animal é porque as limitacións para poder traballar con humanos son obviamente moitas, por motivos éticos, polo que é mellor utilizar o peixe cebra. Ademais diso tamén están a traballar no desenvolvemento do sistema nervioso, conexións de distintas zonas do cerebro...


  1. Que é o que máis te enche do teu traballo?

"Satisfai moito o feito de saber que podes achegar o teu graociño de area á hora de entender unha patoloxía, e que nun futuro iso poida axudar na vida de pacientes". Tamén nos di que lle gusta moito poder coñecer máis acerca do sistema nervioso do peixe, xa que estas investigacións tamén serven de axuda no ámbito da apicultura, que está moi presente en Galicia.


  1. Notaches algunha diferenza no trato entre os dous sexos e as oportunidades que se lle brindan a cada un?

"Conscientemente non, pero si que creo que hai certa parcialidade dentro da ciencia en función de como se tratan os homes e as mulleres; de feito hai numerosos artigos científicos que o demostran. Por exemplo, un proxecto financiado por unha muller moitas veces vese de forma diferente só polo feito de ser dunha muller".Tamén nos dá a súa propia opinión ao dicirnos que cre que moitas veces estas diferenzas as poñemos as mulleres, ao non crer o suficiente en nós mesmas, e asumir diretamente os roles do fogar, o que pode supoñer un impedimento na carreira como inverstigadora xa que en ocasións non se teñen en conta estas situación á hora de que te avalíen.


  1. Á hora de traballar menosprezáronte polo feito de ser muller?

Coméntanos que na súa carreira, bioloxía, non é coma noutros sectores, xa que está bastante presente o xénero feminino e sempre tivo moitos referentes de mulleres, entón por iso di que non foi moi consciente do coñecido como teito de cristal e outros factores, pero en canto saíu da súa carreira, si que puido observalos, e cre firmemente que existen, pero que ás veces non somos nin conscientes.


  1. Cres que isto cambiou co paso dos anos? Grazas a que cres que puido ser?

"Cada vez estamos mellorando máis, pero si que creo que queda moito por facer". Pensa que isto foi posible grazas ás campañas de visibilización, aos artigos científicos baseados en estudos que se publicaron en resvistas de investigación... e isto obviamente axuda, porque "saber que un problema existe é o primeiro paso para solucionalo."


  1. Destacarías algún referente ou apoio incondicional nos teus estudos?

Destaca a María Jesús Manso, da que nos comenta que é unha muller que lle proporcionou un grande apoio xa que é unha persoa moi positiva, e ademais como muller foi unha das primeiras contratadas da UDC, ademais de ser nai de 4 fillos e aínda así cumprir con todo o seu traballo.


  1. Por último, que lles dirías a todas esas mulleres que queren adentrarse no mundo da ciencia pero teñen medo ao que dirán?

"Eu persoalmente sentinme moi cómoda neste campo, e nunca tiven ningún tipo de problema, aínda que sei que hai casos nos que si. Aínda quedan cousas por facer. Todo mellorou moito, pero si que é certo que como mulleres temos un papel, e é que debemos crer máis en nós mesmas e nas nosas capacidades, e ser máis valentes, aínda que obviamentre non todo depende de nosoutras".