Fran Castro Bubani

"Facer ciencia e sobrevivir nunha área tan hostil é un acto político de resistencia." Fran Bubani

A historia dunha científica trans que derribou prexuízos no mundo da enxeñería.


Biografía

Fran naceu en 1980 en Belo Horizonte, capital do Estado de Minas Gerais en Brasil. A maior parte da súa vida creceu só coa súa nai xa que os seus pais se divorciaron. Ao principio quería estudar lingua inglesa, pero cambiou de parecer no último instante, e decidiu adicarse a unha carreira de campo STEM. En xaneiro do ano 2020 converteuse na primeira investigadora trans do CONICET.

Actualmente desenvolve o seu traballo no laboratorio do Centro Atómico Bariloche, facendo o que se coñece como investigación básica. Dende os seus comezos, a Bubani fascinouna a posibilidade de traballar nos materiais cos que se fabrican as máquinas.

Formación académica

  • Graduada en Enxeñaría Mecánica na Universidade Federal de Minas Gerais (UFMG) no ano 2005

  • Durante a carreira tivo unha bolsa de iniciación científica do CNPq (Conselho Nacional de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico) en Brasil

  • Posgrao na Universidade Estadual de Campinas (UNICAMP), obtendo a Mestría en Enxeñaría Mecánica

  • Doutora en Ciencias da Enxeñaría (2015)

Produción científica

  • Investigadora Asistente de CONICET

  • Xefa de Traballos Prácticos na materia de Termodinámica para Enxeñaría Mecánica e Nuclear da Universidade Nacional de Cuyo

Entrevista

1. Cando naceu o seu interese polas ciencias?

"Eu en realidade dende moi pequena consideraba a posibilidade de ser científica, así que dende que teño coñecemento, dende moi pequena, amosaba interese pola ciencia ou pola posibilidade de ser científica."

2. Cal foi o motivo que a inspirou a seguir profesionalmente?

"Iso foi principalmente polas posibilidades que tiven de ir estudando e conseguir traballar na investigación científica dentro da universidade. Tamén grazas ao éxito que tiven de poder acceder á educación superior (mestrías, doutoramentos...)."

3. Que traballo ten actualmente?

"Actualmente eu son investigadora do COLISET : Consejo Nacional de Investigaciones Científicas y Técnicas da Arxentina, e tamén traballo na división física de metais do centro atómico Variloche, como investigadora no ámbito de ciencia e inxeñería de materiais. Cabe dicir que ademais eu son docente no IES Balseiro, tamén na Arxentina."

4. Que é o que máis pracer lle dá no seu traballo?

"No meu caso, por suposto que me gusta descubrir cousas novas, gústame ter contacto coa tecnoloxía, por exemplo coa tecnoloxía punta, e iso gústame; gústame a curiosidade en si mesma, esas preguntas que chegamos a plantexar no traballo de investigación e a súa elaboración para que sexan resoltas."

5. Notou algunha vez diferenzas entre os dous sexos no seu ámbito?

"Si, aínda que prefiro pensar mellor no termo de xénero ou xéneros en plural debido a que hai máis de dous, e si, hai moita diferenza. A discriminación por xénero é real no medio académico, é un problema mundial."

"As mulleres en diversidade temos que superar moitos máis obstáculos que os varóns. Isto non é unha cuestión de opinións xa que hai datos e estudos estatísticos que corroboran esta situación de que as mulleres teñen maior dificultade para ingresar e manterse no sistema científico e tamén acceder a posicións xerárquicas máis altas."

6. Cre que se obtivo algún cambio co paso dos anos?

"Dende a miña oipinión, nótase unha pequena mellora, mais aínda falta moitísimo, pero o motivo real é que hai moito negacionismo en relación á discriminación por xénero. Ademais moita xente non quere ver que isto é así máis alá da evidencia abrumadora que mosta estatisticamente a baixa porcentaxe de mulleres en altos cargos."

"A situación é moi diferente en diferentes áreas, aínda que quede moito camiño por percorrer."

7. Como tomou a súa familia a súa elección de traballo?

"A verdade é que supoño que ben. Habería que preguntarlles a eles, aínda que dentro de todo, ben; non houbo ningún tipo de oposición. Pero eu naquela época actuaba como varón, polo tanto non sufría discriminación, acoso..."

8. Destacaría algunha inspiración?

"Algunhas persoas, pero principalmente a curiosidade para poñerse a investigar."



Vídeos relacionados