Coronámosvos



"Era como un novo mundo aberto para min, o mundo da ciencia, que por fin me permitiu coñecer a liberdade." Marie Curie


Benvid@s científicas e científicos !

Benvidas e benvidos a todas e todos. Nesta páxina web está recollida información xunto con moitas curiosidades sobre estas sete mulleres do campo STEM. Esperamos que desfruten desta páxina e atopen a información necesaria.

Bióloga especializada en xenética

Enxeñeira marítima

Enxeñeira mecánica

Enxeñeira Xeodésica e investigadora

Enxeñeira Aeroespacial e Aeronáutica

Investigadora en comunicacións

Enxeñeira Informática

A razón desta páxina

Quixemos crear esta páxina web para darlle ás mulleres a importancia que se merecen no ámbito STEM, xa que nós desexamos unha situación igualitaria para ambos sexos.

Nesta páxina, a idea principal é dar a coñecer a estas mulleres que fan un gran labor neste ámbito e que merecen un recoñemento pola nosa parte. Para iso realizámoslle a cada unha delas unha entrevista na que nos contan numerosos datos sobre a súa experiencia laboral.

Queremos coroar a estas mulleres e a todas as demais que traballan e que fan un labor tan importante no ámbito científico. Ademais, nestes momentos estamos a vivir unha situación moi complexa na que máis que nunca necesitámolas, de aí o título da páxina.

A continuación, poderedes obter todo tipo de información sobre elas e o seu traballo.