Como ves, San Sadurniño ten unha chea de recursos naturais, culturais e históricos. Para que che sexa máis doado atopalos e chegar aeles podes acceder ao mapa que temos publicado en Google Maps. Se ves que falta algo ou que hai algún dato incorrecto, fáinolo saber a través de correo@sansadurnino.gal para que teñamos o plano sempre actualizado.
Tamén podes acceder á maior parte dos recursos facendo unha busca simple en openstreetmap.org ou Google Maps, onde hai imaxes e descricións da maioría das cousas que ofrece o noso concello en canto a recursos turísticos e servizos.