Natureza, cultura, tradición, patrimonio milenario... San Sadurniño ofréceche todo isto e moito máis nun espazo de algo menos de 100 Km2. O noso territorio, situado onde se xuntan as comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, fórmano sete parroquias: Bardaos, Ferreira, Igrexafeita, Lamas, Naraío, San Sadurniño e Santa Mariña do Monte. Sete espazos con identidade de seu onde descubrir a riqueza verde e histórica dun concello poboado desde antigo que hoxe che dá múltiples opcións para pasar o teu tempo de lecer.
Estás en San Sadurniño #quemáisqueres
Estás en San Sadurniño #quemáisqueres