Os nenos e nenas da clase das sereas indagaron sobre as capas do océano. Coñecíamos unha morea de cousas acerca do mar xa que somos unha ducia de sereas e sereos, pero nesta ocasión queríamos pescudar un pouquiño máis acerca das capas do océano e o que había en cada unha delas.
Queredes coñecer todo o que investigamos?
En primeiro lugar, visionamos o vídeo para poder coñecer as cinco capas do oceáno e diferenciálas correctamente.
Ademáis, empleamos outras fontes de información e búsqueda.
Aprendimos que o océano divídese en cinco zonas: epipeláxica, mesopeláxica, batipeláxica, abisopeláxica, hadopeláxica.
A zona epipeláxica é a zona onde hai máis luz, polo tanto é onde se atopan a maioría dos animais e plantas. Esta zona comprende desde a superficie ata os 200 metros de profundidade.
En cambio, a medida que nos imos somerxendo a máis profundidade, observamos que a luz diminúe, a presión e a escuridade son maiores e iso provoca que a fauna se reduza cada vez máis.
L
A
Y
E
R
S
O
C
E
A
N
Na zona mesopeláica aínda penetra unha leve porcentaxe de raios solares, xa que abarca entre os 200 e os 1000 metros de profundidade. Atopamos tiburón branco, tiburón azul, polbo xigante, cachalote...
A zona batipeláxica comprende dende os 1000 ata os 4000 m de profundidade. Aquí, a luz solar xa non chega e a temperatura da auga é de 4°C aproximadamente.
Non hai plantas coñecidas e a cantidade de animais vese moi diminuída; porén, hai varios tipos de fauna que producen a súa propia luz, chamada bioluminiscencia.
CURIOSIDADE!
Sabiades que algúns restos de embarcacións se asentaron nesta zona?
Unha das máis populares é o transatlántico británico “Titanic”, o cal afundiu no ano 1912 tras colisionar cun iceberg, a 3800 metros de profundidade.
QUEREDES COÑECER MÁIS CURIOSIDADES?
CLICADE NO VÍDEO: OS NENOS E NENAS DA CLASE DAS SEREAS EXPLICARÁNVOLO MOITO MELLOR!
A zona abisopeláxica é a que abarca dende os 4000 ata os 6000 metros de profundidade; é totalmente escura e a temperatura oscila entre os 2 e os 3 °C.
Nesta zona existe moi pouca actividade animal debido á falta de osíxeno e as altas presións.
A zona hadopeláxica, tamén coñecida como fosas marinas, é de profundidade inmensa, superando os 6000 metros de profundidade.
O nivel de presión nesta zona é tan extremo que ningún dos animais comúns que vemos na superficie o podería soportar; de aí, que esta zona estea case desolada.
CURIOSIDADE!
A fosa marina máis fonda ata o día de hoxe é a fosa de Las Marianas, ubicada no oceáno Pacífico occidental, cunha distancia á superficie de 11300m. Iso é moito máis do que mediría o monte Everest se a súa cima rotase cara ao océano.
INVESTIGAMOS, OBSERVAMOS, EXPERIMENTAMOS, CREAMOS, APRENDIMOS E SOBRE TODO DESFRUTAMOS ELABORANDO O NOSO TRABALLO!
E PARA FINALIZAR....
DEIXÁMOSVOS O EXPERIMENTO QUE FIXEMOS SOBRE AS CAPAS DO OCÉANO OBSERVANDO AS DENSIDADES DOS DIFERENTES LÍQUIDOS.
VOS PRESENTAMOS A EXPOSICIÓN DO NOSO PROXECTO!