O seu nome é ácido desoxirribonucleico (debido á súa estrutura ).
É unha molécula de dobre cadea que contén a información xenética dos seres vivos.
Atópase no núcleo de cada célula do organismo (tamén podemos atopalo nos cloroplastos e mitocondrias).
Onde se atopa?
Nesta secuencia de imaxes podemos ver como a cromatina (imaxe A) se organiza en cromosomas (imaxe E) para levar a cabo a división celular (imaxe F) e volve ao estado de cromatina unha vez finalizada (imaxes H,I).
Cada cadea ten unha estrutura central formada por un azucre (desoxirribosa) e un grupo fosfato.
Unido a cada azucre hai distintas terminacións, chamadas bases nitroxenadas: adenina (A), citosina (C), guanina (G), e timina (T). De tal maneira que se nunha cadea hai A , na cadea complementaria sempre atoparemos T, e se hai C, sempre atoparemos G.
As cadeas están formadas pola sucesión desta estrutura, e as distintas combinacións que poden formar as bases nitroxenadas codifican a nosa información xenética.
Levamos a cabo a extracción de ADN utilizando como fonte o plátano: en froitas é fácil de extraer debido á súa gran carga xenética.
O obxectivo é separar o ADN doutros compoñentes celulares como a membrana plasmática e as proteínas para illalo e poder estudalo.
Como o fixemos?
Análise
O sal en disolución actúa diminuíndo a solubilidade das proteínas, o que fai que precipiten e se separen máis facilmente do ADN.
As membranas das células están formadas por dúas capas de lípidos xunto con proteínas. O deterxente axuda a romper a membrana plasmática e a envoltura nuclear, liberando o ADN.
O ADN é insoluble en etanol, o cal fai que se forme un precipitado xusto entre a capa do etanol líquido e a capa da mestura filtrada.
Fomos capaces de illar o ADN, observámolo a simple vista e ao microscopio.
Non podemos concretar se os filamentos que observamos corresponden únicamente o ADN, é dicir, se a mostra está limpamente illada. A precisión do microscopio non é suficiente.
Estudamos as distintas reaccións químicas e físicas necesarias para a súa extracción. Todos os compoñentes celulares pasan á fase orgánica (etanol) agás o ADN, que queda na fase acuosa; por iso podemos velo e identificalo.
Moitas Grazas!!!