Os glícidos son biomoléculas e nutrintes esenciais no noso desenvolvemento.
Os azucres son un tipo de glícido sinxelo. Estes son solubles en auga, doces e cristalinos. Teñen función enerxética.
Existen outros tipos de glícidos máis complexos que teñen outras funcións, coma a celulosa (non son doces nin os podemos dixerir).
Sacarosa, ao que chamamos "azucre de mesa"
Responde á fórmula química C12H22O11
Os azucres naturais son aqueles que, como o seu nome indica, se atopan de forma natural nos alimentos. Coma frutosa (azucres de froitas) ou lactosa (azucres de produtos lácteos).
Alimentos naturais:
-5-10% de azucre
-Contén un 85% de auga, vitaminas, fibra…
-O seu consumo achega valor nutricional e prevén e mellora moitas enfermidades
Os azucres engadidos son aqueles que non se atopan de forma natural nun alimento ou bebida, pero que se engaden durante o seu procesamento. Os azucres engadidos engaden calorías pero proporcionan pouco valor nutricional.
Alimentos procesados:
- 10% de azucre ou máis
- Con fariñas, graxas, edulcorantes e aditivos.
- O seu consumo provoca e agrava moitas enfermidades, coma obesidade ou problemas cardiovasculares.
Experimentación
Levamos a cabo dous procesos para analizar a cantidade de azucre de diversas bebidas e froitas.
1º Analizamos a cantidade de azucre en froitas naturais e comparámolo co contido en zumes envasados. Para isto utilizamos un refractómetro (permite que a luz pase a través da mostra, do aire o líquido e ao revés, polo principio de refracción). Dános unha lectura en Brix, onde 1 brix equivale a 1g de azucre por 100g de disolución.
Esterilizamos a zona e colocamos o material.
Preparamos as mostras.
Depositamos un par de gotas das distintas disolucións na lente do refractómetro.
Observamos e anotamos a lectura para comparala coa información nutricional do produto.
2º Obtemos a cantidade de azucre de diversas bebidas carbonatadas dunha forma moi sinxela. Evaporando a auga para quedarnos co resto do contido que será na súa gran maioria azucre. Repetimos o procesos coa versión light do mesmo produto para comparala.
Colocamos o material a utilizar.
Fervemos a disolución e agardamos que evapore.
Vertemos o resultado nun recipiente e pesámolo.
Gardamos o residuo obtido e anotamos gr de azucre obtido por gr de disolución.
Resultados
Observando os resultados vemos que, tanto as froitas naturais como o seu equivlente en zume envasado, presentan case a mesma cantidade de azucre; podemos deducir que, efectivamente, os zumes non conteñen azucres engadidos, a diferenza dos néctares aínda que habitualmente son substituídos por edulcorantes.
Apreciamos tamén un leve aumento na nosa mostra en comparación coa información nutricional do envase; non podemos concretar se se trata dun erro de calibración do refractómetro ou dun mal etiquetado.
Respecto aos refrescos carbonatados, vemos unha gran diferenza entre o refresco normal e o seu equivalente light: no normal obtivemos un gran residuo seco, superior ao marcado na información do envase; iso débese á gran concentración de azucre nestes produtos. Pola contra, o light apenas deixou unha leve mostra de residuo, seguramente polos edulcorantes e demais compostos.
Por outro lado, a análise de bebidas isotónicas desvela unha concentración de azucre bastante elevada, deixando claro que non son tan sás como se di.
A OMS recomenda un consumo de azucre de entre 20 g e 30 g diarios.
Consellos
Moitas Grazas!!