Os nosos sentidos engánannos todo o tempo. A xente adoitamos fiarnos dos nosos sentidos, sobre todo o da vista, pero imos comprobar que non sempre son fiables
No sentido da vista, os ollos traballan dende o momento en que te ergues ata que os pechas para ir durmir. Reciben toneladas de informacion sobre o mundo que nos rodea: formas, cores, movementos e moito máis... Pero non sempre son fiables...
As ilusións ópticas que enganan á vista e ao cerebro son aquelas nas que se percibe unha cor, forma ou perspectiva distorsionada da realidade.
Por exemplo, cando un coche vai pora estrada e vai moita calor, podemos ver un "espellismo", xa que se ve a auga sobre a estrada, pero a medida que nos achegamos a ese lugar, a auga desaparece
Fixádevos ben... Parece que se moven os círculos non si?
No sentido da vista, os ollos traballan desde o momento en que te levantas ata que os pechas para ir durmir. Reciben toneladas de información sobre o mundo que te rodea: formas, cores, movementos e moito máis. Pero non sempre son fiables.
Vedes como se move?...
As liñas son paralelas? Comprobade se realmente é o que parece...
Que imaxe ves, a anciá ou a rapaza con sombreiro?
Cal dos dous círculos centrais é máis grande?
Achegádevosá imaxe e alonxádevos.... Que vedes?
Que imaxes es capaz de ver?
Curiosidades sobre o sentido da vista:
Sabiades que o ollo humano é capaz de distinguir uns 10 millóns de cores diferentes?
Sabiades que os recén nacidos non producen bágoas? Fan sons de pranto, pero as bágoas non flúen ata que alcanzan entre as 4 e as 13 semanas.
Sabiades que é imposible esbirrar cos ollos abertos?
Deixámosvos tamén estes videos super interesantes sobre ilusións ópticas.
Fixádevos ben...
Os 5 efectos ópticos máis alucinantes
O sentido do gusto
O sentido do gusto é a capacidade que ten o organismo de percibir o gusto das cousas.
As nosas papilas gustativas só poden interpretar 5 sabores básicos (amargo, doce, salgado, acido e umami).
Animámosvos a realizar este experimento para que comprobedes cómo nos engana o sentido do gusto.
Hai uns días, na clase, comemos unha mazá e unha pataca tapando o nariz. O que comprobamos é que non notábamos a diferenza de sabor porque ao tapar o nariz anulamos tamén a maior parte do sentido do gusto.
Curiosidades do sentido do gusto
Sabiades que, aínda que o acto comeza na boca a través dos receptores, saboreamos co cerebro?
Sabiades que cando estamos arrefriados deixamos de percibir os sabores? Isto é debido á conxestión nasal. Entón, vemos que cando saboreamos, o olfacto é super importante.
Sabiades que o sabor Umami descubriuse hai poucos anos en Xapón? Umami significa “saboroso ou delicioso”.
O sentido do olfacto
O olfacto é a capacidade que ten o organismo para captar e comprender os diferentes olores. Pero o que capta algunhas veces tamén pode ser enganoso…
Ímosche poñer un exemplo de como nos pode enganar o sentido do olfacto: cando entras nunha tenda na que haxa un olor forte, ao cabo duns instantes ese olor que antes non soportabas vai desaparecendo, aínda que en realidade segue aí, non desaparece. É só unha ilusión, o que ocorre é que as células nerviosas do sistema olfactivo satúranse e deixan de enviar os sinais ao cerebro.
Podes ulir un perfume co nariz pegado ao frasco, e ao cabo dun intre deixarás de cheiralo, aínda que o perfume siga aí igual de presente que ao principio. Isto tamén nos pasa cando usamos o mesmo perfume: ao cabo dun tempo xa non o cheiramos como antes e imos ter que botar máis perfume.
Ou cando imos á casa do veciño e ule moitísimo a can: eles xa non o cheiran; isto pasa porque as células olfactivas incorpórano á súa memoria e percíbeno como algo natural na memoria olfactiva. Estas persoas ao afacerse ao cheiro xa non o perciben, mentres que para outra persoa pode ser moi desagradable.
Curiosidades do sentido do olfacto
Sabiades que somos capaces de detectar 10.000 olores?
Sabiades que a pesares de que pareza que o nariz é quen ule, o traballo faino o cerebro? O nariz só recolle información que o cerebro interpreta.
Sabías que o sentido do olfacto é máis forte nas mulleres que nos homes? Ademais, é coñecido que durante o embarazo, o nariz das mulleres vólvese hipersensible.
Sabías que os seres humanos comezan a perder capacidades olfactivas aos 65 anos?.
O sentido do tacto
O noso órgano do tacto é toda a pel.
O sentido do tacto permítenos notar as cousas ao tocalas: a súa rugosidade ou suavidade, a súa temperatura…
Pero…. podemos confiar ao 100% no que sentimos ao tacto? Convídote a probar o seguinte experimento.
Enche 3 recipientes con auga (quente, fría e morna); mergulla a túa man no que contén a auga quente, e a outra man no da auga fría durante 10 segundos. Inmediatamente despois, mergulla as dúas mans na auga morna. Percibirás dúas sensacións de calor para unha mesma temperatura.
Tamén fixemos este outro experimento
Curiosidades do sentido do tacto
Sabías que a pel é o órgano máis grande do corpo humano?
Sabías que tocar a un bebé é extremadamente importante para que este medre san?
Sabías que hai persoas que non teñen sentido do tacto e que non poden sentir nada en absoluto?
Sentido do oído
O órgano do sentido do oído é o oído. O sentido do oído permítenos captar os sons que se producen no ambiente.
O sentido do oído tamén nos pode enganar e facernos crer que estamos oindo algo cando non é real; por exemplo, unha caracola de mar onde, se escoitamos con atención, parece que oímos o son do mar…
Sabedes que vivimos rodeados de sons que non escoitamos? Nunha cidade o noso cerebro non soportaría prestarlle atención a todos os sons que nos rodean: non poderiamos vivir. Para que iso non suceda, o noso cerebro actúa coma un filtro, toma só o que nos interesa e os demais ruídos descártaos.
Imaxinade que estou nun bar almorzando cunha amiga. O bar está cheo de xente falando, pero eu non escoito o que din, só lle presto atención ao que di a miña amiga. Pero cando alguén no medio do bar di o meu nome, esa información chega ao meu cerebro e reacciono.
Curiosidades do sentido do oído
Sabiades que o centro do equilibrio está no noso oído? E sabiades que o óso temporal, que protexe o oído interno, é o óso máis duro do corpo humano.
Sabiades que o oído nunca dorme? Sempre está en funcionamento
Sabiades cales son os sons que máis nos irritan aos humanos?:
Cando frotamos un coitelo contra un cristal.
Cando arrastramos un garfo contra un prato de porcelana.
Cando escoitamos o chirrido dun xiz nunha lousa.
Sabiades que a música escóitase mellor polo oído esquerdo?
Deixámosvos algúns exemplos de como nos pode enganar o sentido do oído:
https://www.zamarripa.es/blog/ilusiones-auditivas-cuando-tus-oidos-te-enganan/