DESPOIS
É unha substancia gasosa que se atopa presente na atmosfera como consecuencia da combustión de combustibles fósiles e dá lugar a Ag2S (sulfuro de prata).
2 Ag + H2S → Ag2S + H2
Prata oxidada recuberta polo sulfuro de prata
Fonte de emisión do sulfuro de hidróxeno á atmosfera
Cando oxida a prata depositándose na superficie do obxecto, forma unha capa marrón, que irá escurencendo co paso do tempo e volverase negro, cubrindo a superficie do obxecto de prata.
3 Ag2S + 2 Al → Al2S3 + 6 Ag
O xofre é máis afín ao alumnio que á prata, polo que imos provocar unha reacción electroquímica na que a prata se reduza e o aluminio se oxide, volvendo o brillo natural á prata.
O cobre reacciona co osíxeno da atmosfera e oxídase, formando sobre os obxectos feitos deste material unha capa de dous óxidos de cobre: óxido cúprico (CuO) e óxido cuproso (Cu2O).
ECOLIMPADOR DE COBRE
Colocamos unha moeda de cobre nun recipiente de vidro.
2. Cubrimos a moeda con vinagre de limpeza e engadimos 1 culler de sal.
3. Esperamos como mínimo 20 minutos.
4. Sacamos da disolución e aclaramos con auga.