Os volcáns son aberturas na codia terrestre polas que saen á superficie materiais como a cinsa, o fume e as rochas fundidas incandescentes que están no seu interior (magma).
Os volcáns poden ser continentais ou marítimos, segundo se atopen dentro dos continentes ou nos mares. Os volcáns marítimos ou submarinos poden dar lugar á formación de illas oceánicas.
Adoitan formarse nos límites das placas tectónicas, aínda que existen os chamados puntos quentes, onde non hai contacto entre as placas. Nestes lugares, créase unha gran abundancia de magma e acumúlanse tensións que desencadean a expulsión de materiais.
FORMACIÓN VOLCÁNICA NO LÍMITE DAS PLACAS TECTÓNICAS
O planeta Terra está dividido en varias capas desde o núcleo ata a superficie.
Entre estas capas atópase a codia terrestre, unha capa que comeza na superficie, chega ata os 70 km de profundidade e está formada por rochas. A codia está rachada en distintas partes, coñecidas como placas tectónicas.
Cando as placas tectónicas se moven provocan erupcións volcánicas, que poden ser terrestres ou submarinas.
EXPERIMENTAMOS A FORMACIÓN VOLCÁNICA NO LÍMITE DAS PLACAS TECTÓNICAS
Para entender mellor a formación volcánica nos límites das placas tectónicas, levamos a cabo un experimento no que como placas empregamos unha galleta partida á metade que mollamos previamente uns segundos en auga.
O resultado de xuntar ambas partes da galleta e exercer un pouco de presión, é a formación dun pliegue, o cal daría lugar á formación dun volcán.
FORMACIÓN VOLCÁNICA POR UN PUNTO QUENTE
Os volcáns de puntos quentes son aqueles que se orixinan en zonas volcánicas formadas por penachos do manto, é dicir, por material quente e fundido que se levanta do manto terrestre.
Os puntos quentes fórmanse cando unha das placas do planeta se move a unha zona inusualmente quente do manto terrestre. Estes puntos quentes provocan que grandes cantidades de magma suban á superficie, perforando un burato na placa e creando un novo volcán.
Durante o desprazamento da placa o punto quente non cambia de lugar; mentres tanto, fórmanse illas que se afastan lentamente do punto quente, o cal permite que se creen máis volcáns e illas.
EXPERIMENTAMOS A FORMACIÓN VOLCÁNICA POR UN PUNTO QUENTE
Para levar a cabo noso experimento necesitamos: maicena, auga con colorante (opcional o colorante), e unha candea.
Facemos unha masa coa maicena e a auga, que a continuación colocamos a certa distancia enriba da candea.
O resultado obtido foi a formación de pequenas protuberancias, as cales serían os volcáns.
A ERUPCIÓN VOLCÁNICA
Erupción volcánica chámaselle á saída de materiais do interior dun volcán cara ao exterior e realízase a través dunha abertura chamada cráter, que é o final da canle de comunicación entre o interior e o exterior, que recibe o nome de cheminea.
A erupción volcánica pon á nosa disposición materiais do interior da Terra e tamén produce cambios nas capas superiores.
Os gases, son on os primeiros en saír fóra O gas máis abundante é o vapor de auga que pode alcanzar os mil graos centígrados de temperatura e unha presión enorme, producindo tremendas explosións. Tamén hai outros gases, como o dióxido de carbono e o monóxido, e os compostos de xofre, entre outros. Estes gases son combustibles e cando se acenden dan lugar a fenómenos xigantes semellantes aos fogos artificiais.
O magma líquido expulsado dun volcán chámase lava. A lava sae do cráter do volcán e esvara polas súas ladeiras. Son auténticos ríos ardentes, coñecidos como coladas de lava.
Os piroclastos (materiais sólidos) son expulsados pola acción da violenta saída de gases: cinsas formadas por pequenos cristais ou filamentos de vidro volcánico e lapilli, que son fragmentos de pedra semellantes á grava dos ríos.
ELABORAMOS O NOSO VOLCÁN
Papel de xornal
Tesoiras
Cola
Pincéis
Pinturas
Botella de plástico baleira
Colocamos a botella baleira e sen tapón nunha base.
Engadimos papel de xornal á botella que imos pegando coa cola.
Pintamos en tons grises ou terra o noso cono.
FACEMOS ERUPCIONAR O NOSO VOLCÁN
No cono elaborado, botamos o bicarbonato de sodio, o colorante e un pouco deterxente.
Axitamos os elementos ata que estean ben mesturados.
Vertemos o bicarbonato de sodio no interior do volcán coa axuda dun funil.
Saímos ao exterior para realizar o noso experimento.
Vertemos a mestura coa axuda do funil no interior do noso volcán e observamos o que ocorre.
O vinagre é un ácido, e o bicarbonato de sodio é unha base alcalina que neutraliza o ácido.
Ambos, ao contacto, reaccionan e convértense en auga, acetato de sodio e dióxido de carbono (gas incoloro e inodoro presente no aire que respiramos).
O dióxido de carbono é o que fai que se formen esas burbullas que vemos cando comeza a saír lava, formándose deste modo unha mestura escumosa que se expande.
Cando vemos que xa non saen burbullas indícanos que a reacción química entre o bicarbonato de sodio e o vinagre rematou.